Despois de traballarmos toda a semana sobre estas cousiñas da paz e ir aos pouquiños preparando ás nosas aportacións ao mural da paz, os nenos e nenas de 3 e 4 anos compartimos o momento máxico de pegar as nosas pombiñas no mural que xa estrenaran os nenos de 5, que tiveron a sorte de se-los primeiros en colocalas.
Tempo mais tarde fomos quen de seguir con moita atención as explicacións que sobre Nelson Mandela nos deron os compañeiros de 4º, 5º e 6º de Primaria. Claro que nós xa sabiamos quen era Nelson Mandela porque xa estiveramos a mira-los murais e traballos que apareceran nos corredores de primaria e nas escaleiras. Ademais tamen estiveramos pescudando na internet quen era e que cousas fixera.
Cando nos preguntaron por este home os de 3 anos non tivemos ningunha dúbida...<<Nelson Mandela é ..."el chico de arriba">> (ou sexa o que está arriba nas escaleiras). Tamén semellaba lóxico que, en canto rematara a festa, Nelson marchase para a súa casa; por iso o venres ao chegar ao cole e volver velo alí na escaleira alguén comentou ...<<Pero..., ainda segue aquí?>>
Coma sempre, xeniais estas actividades compartidas por varios grupos. O mellor: oir cantar o 'Asimbonanga' a un pequeno de 3 anos e oirlle dicir que 'Había que hacer la paz' :-)
ResponderEliminarÉ estupendo comprobar polos vosos comentarios que lles chega adentro moito mais do que parece. O compartir as actividades é o que lles fai vivencialas mais e prestarlle moita máis atención a todo...non van ser eles menos que os maiores á hora de aprender!
Eliminar