sábado, 25 de xaneiro de 2014

FACENDO HOMIÑOS

Despois de escoitar e desfrutar co conto “Homiño de mazapán” ocurréusenos para facer a receita que estabamos preparando darlle a forma de homiño ás galletas. Como coñeciamos os ingredientes que precisabamos e as cantidades correspondentes, xa con moito xeito, comezamos a mesturar:
Primeiro a manteiga co azucre. Despois engadimos os ovos e a cullerada de vainilla. Por último botamos a fariña pouco a pouco ata que a masa non se pegue nas mans. Facemos unha bola e  metémola na neveira unha hora.
Finalmente estiramos a masa entre todos, que nos gustou moito facelo, e coa forma de homiño de mazapán cortamos cadansúa galleta. Esperamos quince minutiños a que se doren no forno e …que arrecendo máis rico!.
Se queredes facer estas galletiñas tan deliciosas nas vosas casas esta é a receita:

-300 gr de manteiga.
-200 gr de azucre.
-2 ovos.
-500 gr de fariña.
-1 culleradiña de vainilla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario