Aproveitando
o traballo de investigación que estamos levando a cabo na clase de 4 anos sobre
a pataca, este mes elaboramos unha receita que tiña como ingrediente principal
este tubérculo: “croquetas de pataca”.
Despois de
escribir cadansúa receita cos ingredientes e cantidades necesarias, puxémos as
mans na masa e…. Como desfrutamos!
Primeiro
aplastamos ben a pataca cocida para facer un puré e mentres picamos a peituga
de polo en anaquiños. Logo engadimos a mantenga ao puré e remexemos. Cando
estaba ben mezclado botámoslle as xemas dos ovos e remexemos outra vez. Por
último engadimos a peituga á masa e… listo.
Bueno,
aínda faltaba o mellor. Cada un fixo dúas boliñas de masa coas mans e pasounas
por fariña, ovo e pan raiado. Con tanto traballo esqueceusenos botarlle a sal
ata que empezamos a facer a segunda boliña!!!!!!
So faltaba freilas pero diso
encargouse a profe.
Cando
arrefriaron un pouquiño todos quixemos probalas. A algúns gustáronlle moito e a
outros non tanto.
Se queredes facelas na casa estes
son os ingredientes:
· 1
kilo de patacas
·
100
gr de mantenga
· 300
de peituga (ou o que queirades: xamón, atún, espinacas…)
·
5
ovos (3 na masa e 2 para rebozar)
·
Sal
·
Pan
raiado e fariña.