venres, 3 de febreiro de 2012

COOPERANDO PARA A PAZ

Neste ano 2012 Ano internacional do Cooperativismo, unha das tarefas que nos temos proposto a nivel de centro e mais de ciclo e aprender a formar parte de equipos de traballo e disfrutar compartindo aprendizaxes e tarefas. O xeito de facelo desta volta foi facer grupos de traballo nos que se misturaron grandes e pequenos para axudar e aprender todos de todos. Ó dicir dos nenos foi unha superexperiencia e tan contentos estaban os pequenos que recibiron aos de primaria nas súas aulas, coma os maiores que viñeron a nos ensinar algunhas habilidades súas.
Os que pasastes polo cole xa tivestes a oportunidade de ver o Mural da Paz que decora a nosa entrada e, aínda que non o pareza, foi totalmente improvisado na súa composición. Se nos tiveramos posto de acordo seguro que non sairía máis conxuntado...

Deixámosvos aquí as fotos das distintas experiencias dos grupos e non deixedes de ver estes días o blog porque ainda temos moito mais que contar.

1º de Primaria compartiu con 3anosA




6º de primaria compartiu con 3anosB




2º de Primaria compartiu con 4 anos




4º de Primaria compartiu con 5 anos. En canto teñamo-las fotos porémolas

2 comentarios:

  1. Que chulos todos os agasallos!
    Noraboa, profes, polo esmero, paciencia e dedicación! Para vós moitos chocolates en forma de bombóns e para os nenos/as tamén, claro!

    ResponderEliminar
  2. Moi boa idea o da cooperación entre distintos cursos: seguro que ós pequenos fíxolles ilusión recibir ós maiores na súa clase, e a éstes axudoulles a atoparse útiles. Pois sí que é unha sorpresa o do Mural da Paz: a primeira vez que o mirei gustoume pola súa orixinalidade, chea de variadas e coloridas formas tridimensionais. Queda claro que as grandes ideas xurden canto/cando menos se pensan. Noraboa!!

    ResponderEliminar