sábado, 4 de febreiro de 2012

AGASALLOS DE CONTO



Remata o mes de Xaneiro e chega un novo contacontos na biblioteca, despois de dúas semanas cheas de novas experiencias.
Desta volta foi a profe Laura a encargada de lernos un bonito conto que a todos nos engaiolou..."Un agasallo diferente".






E como a cousa ía de agasallos decidimos facerlle un agasallo cada quen a outro dos cursos de infantil. Traballamos toda a semana nel con moito segredo e sen saber qué estarían a argallar as profes. Cando chegamos á biblioteca todos estabamos desexando darlle o noso agasallo ós compañeiros; pero tivemos que agardar a que acabase o conto.


Os de 3 anos A fixeron un móbil para os de 5 anos

Os de 3 anosB fixeron outro móbil para os de 3anosA

Os de 4 anos fixeron unha tarta de plastilina e unha montaña con números para xogar para 3 anosB

Os de 5 anos fixeron un memory da paz para os de 4 anos. Por suposto o primeiro que fixemos cando chegamos á clase foi ... xogar!.

2 comentarios:

  1. Non imaxinades o que disfrutaron os nenos con esto do agasallo e o moito que tamén lles está gustando cooperar uns cursos con outros. Grazas polos teus parabens e por seguirnos con tanto interese pgarlor.

    ResponderEliminar
  2. Boa idea o de traballar cos cativ@s en algo tan sinxelo e que lles gusta tanto, ó traveso dun conto que invita a reflexionar sobre os agasallos: ¿a alguén lle soa o de "apartou o xoguete e púxose a xogar coa caixa"?

    ResponderEliminar