Despois de
facernos pensar un pouco sobre algúns comportamentos que seguemos a manter nos
xogos de “neno” e de ”nena” todos probamos á nosa capacidade para coidar bebes
e sermos agarimosos...xa que isto dos bebés non é só cousa de nenas. Ollade que
ben o fixemos!.
venres, 14 de decembro de 2012
SEGUIMOS LEMBRANDO: OBRADOIRO DE IGUALDADE
A mediados de novembro participamos
nun pequeño obradoiro de igualdade. Nel a monitora proxectounos un conto que falaba dunha
nena moi valente. Pero como era unha nena ninguén a chamaba para axudar a protexer
a súa aldea da ferocidade dun leopardo; ainda que era a única que estaba disposta a facerlle
fronte.
MAIS COUSAS PASADAS
CONTOS DUNHA CASTAÑEIRA
Vistes o
mural da castañeira que puxemos no magosto no corredor. Foi unha actividade
colaborativa cos nenos de 2º de Primaria. Eles inventaron os contos e pintaron
a castañeira e nos puxemos o toque de outono pintando follas e as letras do
título
LEMBRANDO COUSAS PASADAS
CHIBOS CHIBÓNS
Hai algún tempo fomos con tódolos compis de infantil a escoitar o conto de Chibos Chibóns que nos contou Auri. Despois ela escolleu a uns cantos de nós para facer unha representación improvisada da historia. Encantounos facer de chibóns e pegarnos no queixo a nosa chiba.
Por si non nos chegaba a profe Pilar preparou un programa de ordenador para traballar cada quen na aula e todos na PDI no que xogamos coas palabras do conto, puzzles e outras cousas interesantes.
Hai algún tempo fomos con tódolos compis de infantil a escoitar o conto de Chibos Chibóns que nos contou Auri. Despois ela escolleu a uns cantos de nós para facer unha representación improvisada da historia. Encantounos facer de chibóns e pegarnos no queixo a nosa chiba.
Agora
levamos varios venres metidos a facer un mural entre todos que pouquiño a pouco vai avanzando. Non só cada
clase vai poñendo o seu granciño de area, senon que temos organizado uns
obradoiros nos que traballamos todos xuntos,
pequenos, medianos e grandes....como fixeron os chibons para gañar ao
ogro.
Por si non nos chegaba a profe Pilar preparou un programa de ordenador para traballar cada quen na aula e todos na PDI no que xogamos coas palabras do conto, puzzles e outras cousas interesantes.
domingo, 18 de novembro de 2012
MAGOSTEANDO
O venres 9 de novembro atopámonos coa sorpresa de que iamos celebrar o magosto. Como non chovía era mellor aproveitar antes de que se mollaran as castañas. Dito e feito baixamos ó patio cuberto e compartimos xogos cos nosos compis de 4 anos B. Despois marchamos todos xuntos a reunírmonos cos outros compis de infantil e do cole para comer as ricas castañas.
mércores, 7 de novembro de 2012
CONTAMOS MOITO: A CASA DO RATO RENATO
7, 6, 5...3 ! que gozo poder compartir o noso primeiro contacontos na biblioteca cos nosos compañeiros do primeiro ciclo de primaria cos que enseguidiña ímonos xuntar outra vez en canto cheguemos nós a primeiro. Ademais contamos cunha contacontos tamén moi especial que nos fixo desfrutar coa historia de Renato e Breogan. Os pequechos do cole que veñen con moita marcha e non querer perder ningunha experiencia tamén viñeron ver que se cocía na biblioteca e velahí os tedes ben atentos...
VIAXES DE IDA E VOLTA
Comenzou a mochila a súa viaxe na casa de Lucía e agora xa chegou á de Martin despois de ter estado na casa de Aarón. O mesmo sucedeu coa maleta dos enredos que xa está na casa de Thalía,despois de pasar pola de Estela e a de Elena. Todos eles están escribindo e debuxando cousas interesantes e preciosas que xa iredes vendo cando vos toque...e o mellor de todo é que tódolos nenos están entusiasmados con esas viaxes de ida e volta. Aos que están en "lista de espera" non lles da pasado o tempo.
luns, 5 de novembro de 2012
A MAÑÁ DE SAMAÍN
Cando chegamos o día 31 de outubro pola mañá atopámonos nunha clase arrepiante...aqueles non semellaban se-los nenos de sempre; pero non pasaba nada raro; é que estabamos de festa. É que estiveramos toda a semana preparando as cousas para O Samaín! Axiña amosarémosvos como preparamos a exposición de cabazas e personaxes de medo!
CHEGOU O SAMAÍN
CHEGOU O SAMAÍN
Estes
días na clase de 3 anos estivemos terroríficamente atarefados. O motivo foi a
celebración do Samaín. Con moita ilusión puxémonos mans á obra e fixemos
monstros, morcegos e pantasmas con materiais de reciclaxe. Tamén decoramos
algunhas cabazas, disfrazámonos de persoaxes de medo, escoitamos o conto de
“Monstruos divertidos”, e moitas cousas máis. Mirade si vos atrevedes…
domingo, 28 de outubro de 2012
QUEREMOS SABER: O SAMAÍN
Os de 3 anos queren aprender moitas cousas e como non sabían ben que era iso do Samaín decidiron que ademais de pescudar nos libros sería bo preguntarlle aos de 5 anos...é que eles levan ben de tempo no cole!
Dito e feito...como estamos ben pretiño deles chamaron á porta e sentaron connosco para que os axudasemos.
Coas nosas explicacións coido que todo lles quedou moi clariño
Dito e feito...como estamos ben pretiño deles chamaron á porta e sentaron connosco para que os axudasemos.
SAE A PRIMEIRA MALETA DE ENREDOS VIAXEIROS
Ao mesmo que cando saiu a mochila, así de contenta vése a Estela por poder levar a maleta de enredos de primeira. Ademais foi unha sorpresa xa que Elena púxose maliña e non puido ir ao cole.
xoves, 25 de outubro de 2012
SAE A PRIMEIRA MOCHILA
Ollade que contenta marchaba Lucía cando lle entregamos a mochila viaxeira. Pesar pesáballe pero non quixo que ninguen a axudara.
mércores, 24 de outubro de 2012
MOCHILAS E MALETAS VIAXEIRAS
Hoxe, 24 de outrubro, celebramos o día das bibliotecas escolares e facémolo pondo en marcha a primeira mochila viaxeira que irá acompañada dunha maleta de enredos tamén viaxeiros para que a espera (¡somos tantos!) se faga un pouco mais levadeira. Mirade se tivo éxito a idea que antes de que saia a mochila para a primeira casa xa me teñen feito unha lista de outros contidos cos que encher máis mochilas.
Fixemos un sorteo para ver quen ían se-los primeiros en levala e estaban todos a morde-las unllas. Pero...estes foron os 6 primeiros afortunados!.
Os pais non vos preocupedes porque a mochila levará instruccións de uso para que todo o mundo saiba que facer con ela e cando haberá que devolvela.
Fixemos un sorteo para ver quen ían se-los primeiros en levala e estaban todos a morde-las unllas. Pero...estes foron os 6 primeiros afortunados!.
Os pais non vos preocupedes porque a mochila levará instruccións de uso para que todo o mundo saiba que facer con ela e cando haberá que devolvela.
martes, 23 de outubro de 2012
EMPEZAN A CHEGAR CABAZAS
Empezan a chegar cabazas ás nosas aulas. Ollade que contentos están os de 5 de ter tantas cabazas para adornar e baleirar. E, como todo o que entra pola nosa porta, tamén as cabazas nos están a axudar na nosa "misión" de aprender a calcular. Xa temos 10...e o que poucos saben é que o mellor ainda está por chegar.
Estade atentos as novas que vos cheguen!
venres, 19 de outubro de 2012
LANDRAS MATEMATICAS
Empezamos o curso en 5 anos dándolle un bo pulo ás matemáticas e enseguidiña o outono veunos botar unha man para facer chegar ós nenos a idea de que as mates tamén se disfrutan. A nosa aula chegou un día unha landra que abriu camiño a unha inundación de landras que todos quixemos contar. Cada día un de nós chegaba ao cole con mais landras que o día anterior e mesmo algunha mañá pasamos un bo cacho contando e poñendo o número os paquetes de landras aportados dende varias casas.
Por se non chegaban as landras un caracol deu paso a outro e agora tamén temos inundación de caracois que xas nos custa mais contar porque non paran de moverse...
Por se non chegaban as landras un caracol deu paso a outro e agora tamén temos inundación de caracois que xas nos custa mais contar porque non paran de moverse...
xoves, 11 de outubro de 2012
ALGO SE MOVE NA CLASE DE 3 ANOS
Os nenos
e nenas de 3 anos acaban de comezar o seu camiño no cole do Párroco Don Camilo,
pero veñen con moitas ganas. Por iso estes días estiveron descubrindo una chea
de cousas novas. Aquí podedes ver una pequena mostra do que fixeron e o ben que
o pasaron, como por exemplo a choiva do outono, as cores das follas, as uvas e…
ata atoparon unha viña ao lado do colexio!
VOLVEMOS COAS NOSAS COUSAS
Parece que foi onte e xa case vai un mes dende que empezamo-lo cole. E, agora que xa todo vai rulando cara a normalidade nas nosas aulas, estamos dispostos a contarvos as mil e unha cousiñas que acontecen nelas...
Nunha primeira ollada poden semellar pouco importantes, pero cada unha delas axuda ós nenos e nenas a ir construindo a súa aprendizaxe.
Xa sabedes, pedra a pedra faise o camiño e dende o cole agardamos que nos acompañedes ao longo deste camiño.
Benvidos un curso mais os de sempre e os que vos incorporades agora.!
Nunha primeira ollada poden semellar pouco importantes, pero cada unha delas axuda ós nenos e nenas a ir construindo a súa aprendizaxe.
Xa sabedes, pedra a pedra faise o camiño e dende o cole agardamos que nos acompañedes ao longo deste camiño.
Benvidos un curso mais os de sempre e os que vos incorporades agora.!
venres, 15 de xuño de 2012
INDO AO ZOO
Como todos sabedes onte fomos ao zoo. Non poidemos desfrutar da maravillosa mañá de paseo e merendola coa que contabamos por mor da metereoloxía. O frío e o vento non puideron con nós pero sí cos animaliños ós que lles costou moito sair dos seus refuxios para nos saúdar...a todos menos ós dous osos pardos e maila avestruz (que non se chama mariluz) que tiñan moitas gañas de vernos e de que lles fixeramos unhas fotos.
INDO AO ZOO on PhotoPeach
CONTAMOS MOITO: PEDRO E O LOBO
Pedro e o lobo foi o derradeiro conto desta edición de CONTAMOS MOITO. Levabamos tempo agardando porque en principio estaba previsto para o mes de maio, pero por unhas e outras cousas non puido ser... e agora cando xa cáseque non contabamos con él, produciuse a maxia.
Chamáronos á biblioteca e alí agardabannos dúas contadoras moi especiais que conseguiron que non dixeramos nin chío durante todo o tempo que durou a súa historia.
Despois enterámonos de que os nenas e nenos de 4º de Primaria e a súa profe prepararan para nós aquela versión a tamaño natural do conto PEDRO E O LOBO.
Fixeron unha estupenda animación pola que mereceron a nosa máxima atención e un grandísimo aplauso.PEDRO E O LOBO on PhotoPeach
luns, 4 de xuño de 2012
A NOSA PRIMEIRA BOLBORETA
Estabamos desexando todos estes días que houbera algunha novidade. A maioría dos vermes fixeran casulo e so quedaba un pequeniño que na fin de semana tamén o fixo; pero oh, sorpresa!. Cando abrimos a caixa hoxe luns atopámonos coa primeira bolboreta. Que emoción!
Como o primeiro verme que fixera casulo fora o de Mariama, ésta ten que ser a súa bolboreta...asi que hoxe presentámosvos a HELLO KITTY (que foi o nome que lle dera ela ó seu verme.
luns, 28 de maio de 2012
COCORICO E ALGO MAIS
O luns continuou festeiro...Despois da festa dos casulos fomos á biblioteca para escoitar un dos últimos contos de proxecto "Contamos Moito" que entre unhas cousas e outras fórase pospondo. Seica os nenos de 5º non estaban aínda preparados... e agora, despois de telo representado ante os pais, sentíanse xa mais seguros.
Atopámonos coa sorpresa de que non era un conto lido senón contado en forma de teatro negro. Encantounos!
Ademáis déronnos 2x1 e puidemos ver unha pequena obra de teatro adaptada polos de 6ºde Primaria: "Querida hija: estás despedida."
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)