venres, 15 de xuño de 2012

CONTAMOS MOITO: PEDRO E O LOBO


Pedro e o lobo foi o derradeiro conto desta edición de CONTAMOS MOITO. Levabamos tempo agardando porque  en principio  estaba previsto para o mes de maio, pero por unhas e outras cousas non puido ser... e agora cando xa cáseque non contabamos con él, produciuse a maxia. 
Chamáronos á biblioteca e alí agardabannos dúas contadoras moi especiais que conseguiron que non dixeramos nin chío durante todo o tempo que durou a súa historia.
Despois enterámonos  de que os nenas e nenos de 4º de Primaria e a súa profe prepararan para nós aquela versión a tamaño natural do conto PEDRO E O LOBO. 
Fixeron unha estupenda animación pola que mereceron a nosa máxima atención e un grandísimo aplauso.


 PEDRO E O LOBO on PhotoPeach

1 comentario:

  1. Noraboa!

    Felicidades a todos os participantes! Agradecervos tanto esforzo e noraboa por conseguir interesar e facer participar aos nenos.
    Saúdos e boas merecidas vacacións!!

    ResponderEliminar