xoves, 11 de outubro de 2012

VOLVEMOS COAS NOSAS COUSAS

Parece que foi onte e xa case vai un mes dende que empezamo-lo cole. E, agora que xa todo vai rulando cara a normalidade nas nosas aulas, estamos dispostos a contarvos as mil e unha cousiñas que acontecen nelas...
Nunha primeira ollada poden semellar pouco importantes, pero cada unha delas axuda ós nenos e nenas a ir construindo a súa aprendizaxe. 
Xa sabedes,  pedra a pedra faise o camiño e dende o cole agardamos que nos acompañedes ao longo deste camiño.

Benvidos un curso mais os de sempre e os que vos incorporades agora.!

3 comentarios:

  1. Graciñas e benvid@s a tod@s!

    Ánimo e a pasalo ben ...

    Saúdos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Recibímo-los vosos comentarios con moita ilusión ao comprobar que un ano mais sodes moitos os que estades ao outro lado do blog. Grazas polos vosos ánimos; seguiremos a traballar arreo para que os pequechos e os non tan pequechos teñan experiencias que lles valan para sempre...que non todo quedará no terreo do saber; tamén queremos deixar pegada nos seu corazóns.
      E grazas especialmente ós pais que xa mudaron de ciclo pero vemos que seguen connosco. É unha ledicia poder contar con todos vos.

      Eliminar
  2. Bo comenzo a todos!
    Toca seguir crecendo e aprendendo!
    Saúdos!

    ResponderEliminar