luns, 4 de abril de 2011

TICA PIDE AXUDA

Non sabemos que lle pasou a Tica, pero ven de mandarnos unha nova mensaxe de socorro xunto cun misterioso paquete. Seica ten que facer pócimas curativas para os nosos amigos pantasmas ( aqueles que acaban de sair do hospital pantasmal) e disque non sabe por onde empezar. Daquela nós imos investigar ese asunto das pócimas que curan.

Nas fotos que poñemos aqui podedes ver o barullo que se montou ao recibir a súa mensaxe e mailo paquete. Tamén podedes ver como fomos quen todos xuntos de nos acalmar e facer unha superxuntanza na que discutimos para que servía o que nos mandou e o que imos facer para axudarlle na súa tarefa



Ningún comentario:

Publicar un comentario