O prometido...non podemos deixar de vos ensinar a foto dos allos dos nenos de 4 anos que están tamén medrando a bo ritmo.
Ademáis eles foron os primeiros en atreverse a plantar as súas sementes. E iso que o paquete dicía "SEMILLAS VIVAS". A todos nos pareceu que iso de que estiveran vivas era moi perigoso. Tamén é certo que mentres os demais pescudabamos para ver que facer con aqueles sobres de sementes, eles atoparon na bilioteca o libro de pócimas de Tica. Despois diso ela deixou na súa clase uns cacharriños e unha bolsa de terra que lles axudaron a atar moitos fíos... ¡que enchufados!
Ningún comentario:
Publicar un comentario