ATOPÁMOLO
Non foi dificil atopar a Guillerme. Estaba agachado na biblioteca cun agasallo moi especial dentro da súa bolsa...
...O conto de Xaime e as Landras!
Guillerme presentóuno-lo conto convertido nunha película de animación feita polas profes. Deixarémosvos ver só un chisquiño (en canto o teñamos recortado) para que coñezades o principio do conto e vos animedes a collelo na biblioteca ou pedirllo ós Reis Magos. O verme Guillerme escolleuno porque fala da nosa necesaria implicación no coidado do medio ambiente e do valor de insistir nun bó proposito sexan cal for os atrancos que se poñan no noso camiño.
Un conto moi bonito, para calquera nai ou pai que quera ilustrar os seus fillos/as na perseverancia o longo de toda unha vida. O conto ten unhas boas ilustracións e o texto non ten desperdicio. Ao meu fillo Brais góstalle moito e Antón empeza a descubrilo. Para min unha boa eleción.
ResponderEliminarSí que é un conto entrañable. Escollímolo non so polo propio placer da súa lectura, senon polo tema que nos vai a axudar a enmarcar o traballo do vindeiro Ano Internacional dos Bosques.
ResponderEliminar