sábado, 4 de decembro de 2010

ATOPÁMOLO

Non foi dificil atopar a Guillerme. Estaba agachado na biblioteca cun agasallo moi especial dentro da súa bolsa...
               ...O conto de Xaime e as Landras!

Guillerme presentóuno-lo conto convertido nunha película de animación feita polas profes. Deixarémosvos ver só un chisquiño (en canto o teñamos recortado) para que coñezades o principio do conto e vos animedes a collelo na biblioteca ou pedirllo ós Reis Magos. O verme Guillerme escolleuno porque fala da nosa necesaria implicación no coidado do medio ambiente e do valor de insistir nun bó proposito sexan cal for os atrancos que se poñan no noso camiño.


2 comentarios:

  1. Un conto moi bonito, para calquera nai ou pai que quera ilustrar os seus fillos/as na perseverancia o longo de toda unha vida. O conto ten unhas boas ilustracións e o texto non ten desperdicio. Ao meu fillo Brais góstalle moito e Antón empeza a descubrilo. Para min unha boa eleción.

    ResponderEliminar
  2. Sí que é un conto entrañable. Escollímolo non so polo propio placer da súa lectura, senon polo tema que nos vai a axudar a enmarcar o traballo do vindeiro Ano Internacional dos Bosques.

    ResponderEliminar