xoves, 20 de febreiro de 2025

FACEMOS NEVE!!!

Na aula de 3 anos estivemos falando sobre o meteoro da neve. Como a Vigo non chega decidimos facer un experimento de neve artificial na clase; experimentamos coas medidas, as proporcións e mesturamos todos os ingredintes. ¡A neve estaba moi fría e con ela puidemos facer un bonequiño!

Mirade que ben o pasamos!




venres, 31 de xaneiro de 2025

REXISTRO MENSUAL DO TEMPO ATMOSFÉRICO

Tódolos días na asemblea os nenos/as de 3 anos observamos o tempo que fai e metemos un pompón no bote correspondente para poder ter un rexistro mensual.
Ao final de cada mes facemos o reconto de pompóns e, empregando bloques manipulativos, facemos unha especie de gráfica. Posteriormente, facemos o rexistro en papel cuns gomets.










xoves, 23 de xaneiro de 2025

COÑECEMOS OS KAPLA

Estes días apareceu un novo material na aula dos nenos e nenas de 3 anos. Observámolo, exploramos con él libremente e, pouco a pouco, fomos coñecendo posibilidades de xogo.

Con eles fomentamos a creatividade, a lóxica espacial, a motricidade fina, permítennos construir estructuras de forma lúdica e experimentar coa xeometría.












xoves, 16 de xaneiro de 2025

O INVERNO XA ESTÁ AQUÍ

Os nenos e nenas de 3 anos xa notamos a chegada do Inverno!

Nesta actividade estivemos experimentando co xeo, as cores frías que nos recordan a esta estación, xogando cos sentidos, practicando a coordinación óculo-manual, a concentración... 

Divertímonos un montón!



CONTACONTOS DAS FAMILIAS

 Acompañáronnos  os pais de Ángel na aula de 6º de infantil contándonos un  conto sobre as belugas. Aprendemos, conversamos, rímonos... unha actividade compartida que nos fai felices!.  

 







xoves, 19 de decembro de 2024

SORPRESA DE NADAL

Esta é a sorpresa coa que nos atopamos os nenos e nenas de Educación Infantil este mércores na escola. Unha instalación de Nadal!
Todos xuntos puidemos curiosear, experimentar, rir, xogar... e, sobre todo, desfrutar un montón!
Aquí vos deixamos algúns momentos, e aproveitamos tamén para desexarvos...

BO NADAL!!!





martes, 17 de decembro de 2024

SAÍDA A CASAPLANTA

Os nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria fomos de visita a Casaplanta. Alí, tivemos a sorte de contar con Cris, que nos mostrou o ásperas e suaves que podían ser as follas dalgunhas plantas, as plantas carnívoras, as de exterior e interior, as que teñen flores no inverno...aprendemos moitísimo!!!