martes, 28 de abril de 2020
RAÚL E A TARTARUGA
Raúl fixo unha tartaruga preciosa. É un gran superheroe e está moi preocupado. Sabe que as tartarugas pasan moitos perigos nas augas dos mares e temos que coidalas moito. Nós xa estamos poñendo moitos graniños de area cos nosos traballos reutilizando e reciclando!.
NOA: TARTARUGA E ILLAS
Noa fixo a súa tartaruga rodeada das illas de Cabo verde, supoñemos. A illa que semella unha tartaruga é onde está a capital do pais, cidade de praia. Moi ben, Noa.
ZOE: PASEOS E TARTARUGA
Agora que podemos pasear u pouqueniño, os días xa pasan mellor. Se ademáis temos preto de nós a natureza, todo se disfruta máis. Zoe practica o paseo tódolos días dende o domingo, fai exercicio (o xogo do túnel e o zigzag) como recomendamos e fixo unha preciosa tartaruga co envase dos ovos.
ALDARA E A TARTARUGA
Aldara decidiu facer a súa tartaruga debuxando e quedoulle moi ben. Boa iniciativa!
ERRO
Despois do comentario rectificamos, entón. Na foto non se nota que o caparazón da tartaruga é o cú da botella. Xa como debuxo quedaba fenomenal, pero así mellor que mellor. Gracias por avisar.
ERRO
Despois do comentario rectificamos, entón. Na foto non se nota que o caparazón da tartaruga é o cú da botella. Xa como debuxo quedaba fenomenal, pero así mellor que mellor. Gracias por avisar.
CARMEN: DOMINÓ E TARTARUGA
Carmen fixo a súa tartaruga. Observou moi ben os detalles do caparazón. O dominó quedoulle moi ben. Agora xa pode xogar tódalas veces que queira.
YOEL: TARTARUGA E EXERCICIO
Yoel fixo unha estupenda tartaruga e unha chea de exercicios, coma un auténtico futbolista. Tamén lle deu ao tenis coa raqueta. Moi ben, hai que manterse en forma.
ESQUECEMENTO
Cabeciña, cabeciña....! No medio de tódalas fotos de onte perdéronse estes dous vídeos que nos achegara Olivia. O experimento do volcán na paisaxe volcánica e o ben que pode falar ese tiburón que fixo. So hai que darlle voz a esas palabras.
Non deixedes de velos na súa entrada AQUÍ
Sintoo, Olivia, menos mal que agora me lembrei!.
Non deixedes de velos na súa entrada AQUÍ
Sintoo, Olivia, menos mal que agora me lembrei!.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












