Os nenos e nenas de 5 anos collémoslle o gusto á radio e decidimos volver a facer unha actividade lembrando diferentes momentos da etapa de infantil con axuda de fotografías.
Esperamos que vos guste!
Os nenos e nenas de 5 anos collémoslle o gusto á radio e decidimos volver a facer unha actividade lembrando diferentes momentos da etapa de infantil con axuda de fotografías.
Esperamos que vos guste!
Os nenos e nenas de 4 e 5 anos gústanos moito saír da aula e vivir novas experiencias. Así que, decidimos facer unha nova saída para despedir o curso. Esta vez a un centro hípico. Alí coñecimos moita información sobre os cabalos e os seus coidados, e desfrutamos moitísimo dando un paseo nestes animais tan fermosos.
Por suposto, tamén houbo tempo para merendar e para coñecer un potrillo que nacera facía uns días.
Din por ahí que "unha imaxe vale máis ca mil palabras" así que, deixámosvos un vídeo para que corroboredes o ben que o pasamos.
O curso está a piques de rematar e xa vai sendo hora de poñer fin ao proxecto que este ano levamos a cabo: O ANTIGO EXIPTO.
Todo comezou cando un compi contou na clase que foi un fin de semana ao túnel do terror, alí había unha momia que o perseguía.
¿non te perseguirá ata escola?, preguntaron outros.
E con esa motivación comezamos a indagar de onde virían as momias. Dende ese día non paramos de investigar e xogar con Exipto.
Podedes comprobalo no vídeo!
Hai unhas semanas tivemos a gran sorte de poder falar na radio do cole. Escoitarnos a través dos cascos, utilizar un micro ou empregar a mesa de son foi toda unha experiencia.. Aproveitamos o noso proxecto da prehistoria para falar de todo o que levamos aprendido.
Escoitade cantas cousas sabemos!.
Fai unhas semanas, aproveitando o tempo primaveral, decidimos facer un obradoiro artístico no exterior. A consigna para desfrutar todos xuntos era respectar as creacións dos demáis e deixarnos levar co son da música e a inspiración do noso entorno. Que, como xa sabedes, é estupendo!
Aquí vos deixamos o momento artístico!