Xa hai algúns días, e despois de comprobar que á volta do recreo estamos moi excitados e tardamos moito en conseguir un ambiente tranquilo e relaxado, decidimos reciclar unhas botellas de auga para convertelas en botes da calma.
Son botes que estan cheíños de purpurina, abalorios e cousiñas diminutas que flotan simplemente con axitalas.
Disfrutamos moito observando a caida do brillo e o movemento de todo o que hai dentro das botellas e, aínda que custa, conseguimos tranquilizarnos despois dunha rabieta, dun enfado, dun momento de lecer....
xoves, 20 de decembro de 2018
luns, 3 de decembro de 2018
E CHEGOU O MAGOSTO
Como ben dixo unha mami, os peixiños non paramos de andar de festa. Desta vez tocoulle ao magosto, cunha xornada de xogos compartidos e unha boa paparota de castañas asadas.
Mirade como acabamos!!!
Mirade como acabamos!!!
ULIMOS, TOCAMOS, DESCUBRIMOS...VIVIMOS O OUTONO
Este outono está dando moito de si porque, dende que entrou aló polo 21 de setembro, non paramos de facer cousas como...:
Un mural no corredor con fotos que agochan unha chea de historias, de actividades coa familia e os amigos, do contacto coa natureza e de novos descubrimentos. Manipulación de cousiñas relacionadas con esta estación (ourizos, landras, castañas, cogumelos...) e que nos sirven para clasificar, para ulir, para falar do seu tacto, da súa cor ...
Recoller follas no campo que temos detrás do cole para despois secalas, decoralas e facer unha coroa de indios bravos. Vestirnos con roupa de outono elixindo o noso propio "look" e , por último, pero non menos importante, montar o noso bosque particular: Un bosque con follas dos montes que nos rodean.

xoves, 29 de novembro de 2018
SAMAIN II
Na entrada anterior puidestes ve-los preparativos do día de Samaín. Agora toca ver que ben o pasamos o propio día.
martes, 20 de novembro de 2018
UUUUUUUUUU.....QUE MEDIÑO!!!
A semana previa ó Samaín estivo chea de preparativos: decoración de portas e corredores, exposición de cabazas, conversas sobre os nosos medos, feitura de pantasmas e arañas coas nosas mans...
Uns preparativos que nos tiveron moi atarefados, pero sobre todo entusiasmados para celebrar esta festa tan terrorífica como ben se merece.
O propio día 31 tivemos a sorte de participar cos nosos compis de infantil nos diferentes obradoiros que as profes tiñan preparados para nós, de facer un desfile cos nosos disfraces, de bailar sen parar... pero, sobre todo, de gozar de todo o que ía acontecendo.

xoves, 25 de outubro de 2018
NOVIDADES NA CLASE DOS PEIXIÑOS
Ben seguro que pensabades que na clase dos peixiños estabamos de brazos cruzados. Pois non, traballamos a reo mentres nos afacemos ás novidades que este curso temos na aula.
Novidades relacionadas co funcionamento dos recantos, dos encargados e do patio.
No referido aos recantos, dicirvos que cada día da semana temos que visitar un recuncho, pero non pode ser sempre o mesmo, de tal xeito que ao longo da semana temos que pasar polos cinco recantos establecidos. O principio foi un pouco lioso, e para algúns aínda o segue sendo , pero coa axuda da profe Charo e do panel imos conseguindo superar este novo reto.
Ademáis este ano estreamos o contador de letras, un panel no que o responsable do día ten que escribir unha palabra longuísima (relacionada coa estación do ano, co proxecto que esteamos a traballar, con algo acontecido na fin de semana, có Samaín...)
Para rematar, dicirvos que no patio temos material e xogos novos cos que disfrutamos un mundo, pero tamén unha nova responsabilidade: o encargado do día debe regar as plantiñas que con tanto gusto plantamos o curso pasado.
Como vedes algúns cambios que imos asimilando pouco a pouco e que nos encantan.

luns, 2 de xullo de 2018
A SORPRESA DE 4º A
Os nenos e nenas de 4º A pasaron todo o curso traballando sobre as mascotas, aprendendo a coidalas e respectalas e pescudando os refuxios de Vigo nos que se traballa para darlles as mellores oportunidades.
Como remate deste proxecto pasaron por varias aulas, entre elas as de 3 e 5 anos amosándonos un video feito por eles mesmos e ensinándonos a facer unha mascota de papiroflexia que despois todos puidemos decorar ao noso xeito. Ainda non temos as fotos de 3 anos pero mentres ide mirando as da clase de 5.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)