luns, 29 de maio de 2017

VISITAMOS O MUSEO LISTE

Para afianzar todo o que estamos aprendendo sobre Galicia, os alumn@s de cinco anos, acompañados polos de tres, visitamos o Museo Liste.
Só vos podo dicir que a monitora do museo quedou moi sorprendida con todo o que sabiamos.

domingo, 28 de maio de 2017

FESTIVAL DE FIN DE CURSO EN INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

Para os que non puidestes desfrutar connosco nesta mañá do festival, deixámosvos algunhas fotos da xornada. Non están "todos os que son" porque non temos fotos dos de 4 anos na súa actuación como piratas, pero podedes velos no seu baile canda os de 3 anos. Foi unha mañá moi especial chea de ilusión e nervios. Ao final todo saiu moi ben e todos puxemos o mellor de nós para lucirnos diante das nosas familias. Os de primeiro compartiron cos pequenos ese tempo de goce...aínda non queren esquecer o ben que o pasaron nesta etapa. E nós con eles!


xoves, 27 de abril de 2017

UNHA VIAXE NO TEMPO

Como sabedes dende hai un tempo estamos metidos no proxecto "SOMOS GALEGOS". Un traballo que nos ten entusiasmados e moi "enganchados" por todo o que estamos a aprender.
Para comezar  o tema como se merece e poder relacionar a nosa investigación co PDI (POLA BEIRA DO MIÑO) retrocedemos ata aos nosos devanceiros: OS CASTREXOS.
A partires de aquí buscamos información en diferentes soportes e decidimos facer o noso poblado castrexo con habitantes incluídos.
Agora xa sabemos quen eran os castrexos, como vivían, as partes dun castro, onde están os mellor conservados, onde está Santa Trega, que podemos ver dende alí...

PORTADAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Ao  remate de cada trimestre toca ordenar os nosos traballiños e facer as correspondentes portadas. Aquí tedes todo o proceso.

mércores, 26 de abril de 2017

OBRADOIRO PIRULETAS DE CHOCOLATE

Na semana previa ás vacacións da Semana Santa convertémonos nuns auténticos reposteiros.
A profe Charo propúxonos facer unhas piruletas de chocolate; unha idea que nos entusiasmou porque todo o que ten que ver coa cociña fainos moitísima ilusión.
Foi unha experiencia divertida e moi , moi doce.

sábado, 18 de marzo de 2017

VENRES DE ENTROIDO

Tanta preparación precisaba dun bo fin de festa. Coido que o conseguimos porque desfrutamos moitisimo lucindo os nosos traxes de troitas no desfile co resto de compañeiros, bailando e xogando sin parar.
Mirade que guapos e orgullosos estabamos ese día.

SEMANA DE TROULA EN CINCO ANOS

Aínda que con atraso, aquí vos deixamos un resumo do que foi a nosa semana de troula. Ocupamos o noso tempo en facer antifaces, carautas, óculos , investigar sobre as figuras dos merdeiros, peliqueiros, volantes de Chantada e, por suposto, de seguir o pé da letra as ordes da nosa Xacia Miñoncesa.
semana de troula en cinco anos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker