Non acababamos de desfrutar o Samain e xa viña aí o magosto, tamén con gaña de festa. Nós coma sempre dispostos a todo...a pasalo moi ben e a compartir as nosas risas con tódolos compañeiros.
No Samaín, ainda que metiamos moito medo, recibimos por vez primeira aos compis de 3 anos na nosa aula. Eles que son pequenos semellaba que non se atrevían a entrar; pero ao final ata cantaron e baillaron connosco.
Despois seguemos a facer as nosas cousas, aínda que vestidos de mil e un monstros; mesmo saímos á escaleira a asustar a tódolos que pasaban por alí.
Ao final da mañá compartimos unha peli de sustos cos amigos de primeiro...e que xa sabedes que para ser "monstros a domicilio" temos que aprender a asustar!!.
luns, 16 de novembro de 2015
sábado, 14 de novembro de 2015
xoves, 12 de novembro de 2015
QUE PASA COS DE 5 ANOS
Dende que os de 5 anos mudamos de piso e andamos polas "alturas" do cole, semella que estamos desaparecidos. Non hai novas nosas...aínda que vos aseguramos que sí estamos no cole e ademais estamos moi traballadores. Claro que como temos que aprender algúns hábitos de maiores, non nos metemos de cheo a pescudar nas nosas cousas, pero todo vai ir indo aos pouquiños. A nosa teima fundamental estes dous meses foi aprender a pensar en valores e tamén matemáticamente; ademais de aprender a organizar o espacio no papel e a mellorar os nosos trazos.
Agora e para que serva de "aperitivo" deixámosvos dúas sesións de fotos (non hai moito tempo para facelas e faltan moitas das cousas que fixemos nos días que a cámara non estaba preparada) .
Na primeira van as primeiras experiencias deste curso,... espacio novo, xoguetes e xogos novos, traballo libre e con consignas co material matemático, primeiras experiencias cos nosos amigos os monstros, o dinosaurio que nos serve para medirnos cada curso (ollade que as marcas verdes son as de cando eramos pequechiños e as azuis as que fixemos este ano!!), primeiros cumpleanos, primeiras aportacións para compartir cos compañeiros,...
Na segunda védesnos traballando nos libros que levamos de préstamo mentres os secretarios de biblioteca van apuntando o que levamos para casa.
Tamén traballamos os froitos que trouxemos para a exposición, pero o noso traballo rematou antes de tempo porque tivemos que levar a un vermiño vermello ata o seu "domicilio" no castiñeiro e claro ...xa que estabamos fora aproveitamos a desfrutar do outono!!.

SAMAÍN EN 4 ANOS
Chegado o desexado día deunos tempo a todo:
-A ensinar os nosos disfraces
-A facer un taller de cociña con plátanos e tanxarinas que resultaron pantasmas e cabazas.
-A comelo todo
e, por suposto, a cantar e bailar.
-A ensinar os nosos disfraces
-A facer un taller de cociña con plátanos e tanxarinas que resultaron pantasmas e cabazas.
-A comelo todo
e, por suposto, a cantar e bailar.
PREPARATIVOS DO SAMAÍN EN 4 ANOS
A semana previa ao Samaín os nenos e nenas de 4 anos adicámonos a preparar a clase e a facer unha momias e gatos terroríficos.
martes, 3 de novembro de 2015
CELEBRACIÓN DO SAMAIN( 3 anos)
Vimos de celebrar o noso primeiro Samain no cole e queremos compartir convosco os bós momentos que pasamos.
domingo, 4 de outubro de 2015
PERIODO DE ADAPTACIÓN EN TRES ANOS
Novo curso e para ir abrindo boca nada mellor que mirar a estes cativos que deron nesta tempada os seus primeiros pasos no mundo escolar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)