venres, 3 de decembro de 2021

SAMAÍN NA CLASE DE 4 ANOS

Aínda que imos con un pouco de retraso mostrándovos o que pasa na nosa clase, coido que nunca é tarde. Desta vez , queremos amosarvos  o que fixemos na semana do Samaín.  Falamos moitísimo dos nosos medos, qué sentimos cando temos medo e como podemos resolvelos.

Ademáis traballamos a artista japonesa Yayoi Kusama, unha apaixoada dos círculos e cabazas. Fixemos unha festaza de disfraces, bailamos, papamos cousas monstruosas traidas da casa e, por suposto, gozamos dunha lectura terrorífica en compañía das nosas compañeiras Paula e Claudia de 5º de E.P

Botádelle unha ollada a ver que vos parece.






Ningún comentario:

Publicar un comentario