sábado, 13 de marzo de 2021

INFANTIL E A CIENCIA EN FEMININO

Vimos de celebrar esta semana o Día da Muller e metidos como estamos nun Proxecto de centro arredor da saúde  e dos virus non podiamos deixar pasar a celebración para seguir traballando neste tema. 

Os de 4 anos traballaron sobre Marie Curie. Coñecérona lendo o conto  que forma parte da nosa maleta viaxeira de mulleres.




Despois de falar moito dela e xuntar tódolos datos precisos fixeron estes traballiños sobre ela.








 

Os de 5 atoparon na listaxe de enroladosdo barco do noso amigo pirata  dúas novas piratas. O noso amigo está loitando contra os mocos e o coronavirus dende que comezamos o curso. A astrónoma Hipatia de Alejandría e a viróloga Margarita Salas son un luxo de axudantes na súa misión!

Primeiro falaron do que pensaban. A palabra astrónoma éralles descoñecida e moito máis a palabra viróloga. Despois de reflexionar, enseguidiña relacionaron os astrónomos coas estrelas e lembraron que nos barcos é moi importante coñecer a estrelas para  poder orientarse. Só faltaba averiguar que instrumentos usaba un astrónomo nos tempos de Hipatia... Unha olladiña a internet e listo... O astrolabio! 

Despois de seguir pescudando e vendo un vídeo sobre este aparello xa estiveron en condicións de imaxinar como traballaría Hipatia axudando a marcar o rumbo.

Para averiguar cousiñas sobre Margarita Salas tiñáno  máis dicifil. Que sería unha viróloga?. Nin idea! O único que tiñan claro era que debía estudar algo porque a súa profesión remataba en ...ÓLOGA. En troques de pescudar nos libros ou en internet decidiron poñerse en contacto con ela e preguntarlle directamente cal era o seu traballo e como podía axudar no barco. Así que cadaquen pensou cal ía ser a mellor pregunta para facerlle. Tamén imaxinaron como sería cada unha delas e debuxáronas.

Mirade os seus debuxos e traballos, aínda que o tema  non o temos rematado.!



Ningún comentario:

Publicar un comentario