No mes de febreiro empezamos a traballar sobre a lúa e o universo. O entroido íase achegando e o tema escollido era o aniversario da conquista da lúa. Que mellor que empezar visitando un planetario que misteriosamente pousou o seu "iglú" na casa de patatín!. Esta viaxe foi xenial!
Despois, trouxemos contos e libros sobre a lúa e seguimos a aprender unha chea de cousas mentres preparabamos o noso disfraz.
Un día coñecemos tamén un peliqueiro e puidemos observar o seu pesado traxe.
Máis adiante, os mouchiños mandáronnos investigar como era o cole por dentro. Esta foi a tarefa que nos tocou no traballo de "xeolocalización" do PDI e veunos moi ben porque, como eramos pequeniños, non subiramos nunca ós outros pisos. Aproveitamos para facerlle unha visita ós nosos amigos de 5ºB e ve-las exposicións que había nos corredores.
Foi un mes emocionante porque tamén nos visitou o alcalde para inaugurar a celebración do 50 aniversario do cole e aínda que semelle que non nos enteramos de nada non foi así.
Tamén coñecemos a Rosalía, unha poetisa que falaba dun xeito raro. Mírase que nos gustou traballar con ela porque despois atrevémonos a facerlle un busto con papel de xornal.
Rematamos o mes coa Semana da Troula, que guapos estabamos!... O Entroido chegaba, por fin, e nós tiñamos todo preparado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario