Como vistes na anterior entrada, este mes tivemos un novo encarguiño. Colorín pediunos que nos convertisemos en poetas. Esta misión serviunos aos de 3 anos para aprender que é un poema, quen é o que o escribe, para darlle a benvida á primavera e para ilusionarnos unha vez mais coas cousiñas que facemos. Neste vídeo tedes unha pequena mostra de todo o proceso e , sobre todo, do resultado final que xa loce pendurado nunha das árbores do patio.
xoves, 26 de marzo de 2015
mércores, 25 de marzo de 2015
COLORIN POETA
Colorin -o mouchiño do mes de Marzo- invitounos hai algunhas semanas a facer poesías. Quería que lle fixeramos uns pareados para celebrar a entrada da primavera e o día da Poesía que cadra no 21 de Marzo. Coma sempre entusiasmámonos coa súa petición e puxémonos en tódalas aulas de infantil a intentar rimar palabras e a ver que podiamos facer Hoxe por fin saimos, canda os nosos compañeiros de primaria, ao patio. Semellaba que ía menos vento e non ía chover e puidemos deixar no patio ás nosas rimas para Colorín e para todos o que quixeron lelas.
CONTACONTOS PARA TODO INFANTIL
Este trimestre foi un contacontos de fora- por cortesía da Editorial Anaya- o que aproveitamos para que forme parte da nosa actividade de animación lectora "Contamos Moito". O medo é un tema recurrente nas aulas de infantil -"nunhas" mais que noutras do que é moi importante falar e para o que hai que ir traballando diferentes estratexias tanto no cole como na casa. Augusta, a protagonista de "Augusta é os seus medos" enfréntase a eles coa valiosa axuda dos seus pais. Nós non tivemos medo no conto e desfrutamos un mundo coa posta en escea de Iago a quen xa coñeciamos daqueloutro arrepiante conto "O home do saco" que nos contara no nadal. A semana pasada cando nos chamou para ir á biblioteca despois de que llo contase aos de primeiro, escoitamos o conto, seguimos ás súas ordes, berramos cando nos mandaron...todo para poñernos na pel de Augusta...e abofé que o pasamos moi ben.
luns, 9 de marzo de 2015
A VOLTAS COA PREHISTORIA
Como todos sabedes
levamos un tempo traballando na prehistoria e, ainda que antes de final de trimestre temos que chegar ata o século XXI, estamos tan
emocionados cos “homo sapiens” que non damos saído desa época.
Todo comezou co noso traballo arredor da luz e cun conto “A todos los monstruos les da miedo la oscuridad”. Nós -como é normal- enseguidiña
pensamos en Tufo e mais en Risitas cando quedan soíños na escola. A escuridade dános tanto medo que ata algún de nós chorou ao escoitar o conto e daquela entendemos
moi ben por qué todos, empezando polos homes primitivos, foron dándolle voltas á cabeza ata atopar
xeitos mellores de iluminarse.
Coma sempre que comezamos un proxecto pasamos
moitas horas na alfombra pensando no tema, mirando documentais, libros, películas e tódalas cousas coas que cada quen foi enchendo o recuncho de prehistoria que montamos
grazas á vosa axuda. Temos de todo... unha
boneca prehistórica e un mono para ver as diferencias entre eles, varias ferramentas prehistóricas case auténticas, figuriñas prehistóricas, animais, un dente de tiburón, debuxos, lume,... Falamos e falamos de todo o que lles
preocupaba aos prehistóricos, de cómo evolucionaron e das solucións que foron
argallando. Traballamos un mundo de palabras e imaxes relacionadas co tema, intentamos aprender un rap prehistórico …
ata que un bó día decidimos SERMOS UNS PREHISTÓRÍCOS!!.
Daquela aprendemos a facer lume
(na teoría) e a transportalo nun pau; a vestirnos coma eles (xa nos mirastes no
Entroido); fixemos colares prehistóricos de pedras e colmillos para nos adornar; convertemos a entrada da nosa aula nunha cova con pinturas rupestres igualiñas
cas que miramos nos documentais.(Coma sempre queriamos que toda a aula fose
unha cova pero non nos caben mais trastos)
Polas mañás xuntámonos arredor dunha tea mentres non hai luz solar suficiente e tamen temos aprendido unha maneira de non afumar a cova e poder transportar o lume mais cara o interior coas lámpadas de tuétano ou cera de abella que estamos a fabricar. Falando de tuétano, un de nós despois dunha xornada de caza conseguiu traer un óso impresionante, disque de xabaril prehistórico. Como desfrutamos tocandoo e observándoo!. Sabiamos que o tuétano estaba dentro pero,… quen ía ser quen de partilo coas nosas ferramentas primitivas!
Polas mañás xuntámonos arredor dunha tea mentres non hai luz solar suficiente e tamen temos aprendido unha maneira de non afumar a cova e poder transportar o lume mais cara o interior coas lámpadas de tuétano ou cera de abella que estamos a fabricar. Falando de tuétano, un de nós despois dunha xornada de caza conseguiu traer un óso impresionante, disque de xabaril prehistórico. Como desfrutamos tocandoo e observándoo!. Sabiamos que o tuétano estaba dentro pero,… quen ía ser quen de partilo coas nosas ferramentas primitivas!
Tufo quixo axudarnos nas nosas pescudas e marchou primeiro á prehistoria e dende alá vai mandándonos mensaxes que recibimos e “lemos” (intentámolo) con entusiasmo. Agora mesmo está no Antiguo Exipto, pero ainda non temos novas del. Mágoa que esta tempada hai moitos que se puxeron maliños e están perdendo algunhas destas experiencias.
Agora estamos poñendo
rumbo á outras culturas da antiguidade porque como vos contamos a viaxe ten que
continuar (e rematar ao fin destas tres semanas vindeiras) e o noso interese é
a luz e como o seu uso foi axudando a “monstros” e non tan monstros ao longo da
historia da humanidade. Pero non perdades coidado a palabra prehistoria ainda
vai soar durante moito tempo nas nosas bocas; ao mesmiño que os monstros que non
se dan marchado da nosa aula e do noso traballo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)