O curso pasado na aula de 5 anos fixemos unha experiencia preciosa coa MOCHILA VIAXEIRA DO CORPO HUMANO O caderno viaxeiro foi rolando de familia en familia e cada quen foi aportando pequenas pinguiñas de experiencias e de saberes. Prometinvos daquela que dariamos a coñecer a tódalas familias o que anotaran as outras; xa que en especial os que levaron o caderno de primeiros ou o principio do curso non puideron ver o que foron aportando os seguintes.
Agora por fin e cun pouco de atraso podo subir este caderniño ao blog.
Ah! e os que ainda mirades o noso blog porque seguides a ter intereses en infantil avisade aos outros pais de primeiro para que tamén o poidan mirar.
xoves, 24 de outubro de 2013
UNHA DÉBEDA DO CURSO PASADO
venres, 18 de outubro de 2013
O CULLARAPO CROQUE
Collemos carreiriña nesto de compartir e non paramos. Agora vimos de desfrutar o primeiro noso contacontos na biblioteca tamén xuntos os nenos de 3 e 4 anos. Foi da man de O CULLARAPO CROQUE... poemas-contos ou poemas-cancións; todo ben animado polo autor do libro que tamén nos foi ensinando as preciosas ilustracións.
Pasámolo moi ben, ainda que nos resultou dificil entender a mensaxe dalgúns poemas. Nós quedámonos co ritmo e as fermosas palabras.
Fermosa foi tamén a lectura improvisada que a profe Romina tivo que facer dun dos poemas a petición do animador.Leuno tan ben que lle demos un grande aplauso. Foi unha xornada distinta e festiva.

UVAS E PINTURA
Compartimos aqui algunhas fotos da feitura do zume de uva e a sesión de pintura posterior que fixemos cos compañeiros de 4 anos. As fotos están recortadas para que saian só os de 3 anos porque...non podo dicilo é unha sorpresa!.
É un poema ver as cariñas dos pequechos que non saben se desfrutar co machucado das uvas ou concentrarse nas estranas sensación que teñen ao tocalas. De calquera xeito pintar e probar o zume foi estupendo.

martes, 15 de outubro de 2013
COMPARTIMOS APRENDIZAXES E LECTURAS
Vimos de empezar o curso e xa estamos compartindo cousas. Os nenos de 4 atoparon un esquelete unha mañá ao chegar ao cole e enseguida viñeron contarnos quen era. Era Anacleto -dixéronnos- pero nós que somos novos nestas cousas non puidemos mais que poñer caras de asombro. Aqui vedes como nolo presentaron .
Días despois compartimos unha experiencia coas uvas que xa vos contaremos e tamén viñeron contarnos o primeiro conto que traballaron: LÚA. Mentres a profe ía pasando as páxinas eles narraron todos xuntos o conto. Gustounos tanto que nolo emprestaron para que o disfrutasemos e agora nós tamen temos aprendido a lelo.
Queredes ver como é?. Non vos preocupedes. Estades todos invitados a ver e escoitar este fermoso conto que con moito agarimo fixeron os nenos e nenas de 4 anos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)