O pasado 23 de abril nós conmemoramos o Día do Libro da mellor forma que sabemos... inventando un conto.
Bueno, o noso non foi "un día", senon todo un mes o que levamos dándolle voltas á nosa historia e aínda estamos rematando e compondo un mural colectivo que poderederes ver na entrada do cole.
Celebramos estas datas animándonos a ser escritores. Cada clase ó seu nivel e escribimos claro está unha preciosa historia. Collemos o libro AS CLASES DE TUBA editado por Kalandraka xa hai anos e puxémoslle texto porque é un libro que non ten palabras.
Coidamos que ían sair catro historias completamente diferentes e de feito o son. Pero as maravillosas ilustracións que ten son tan claras e suxerentes que os cativos captaron sen ningún problema o espírito da narración; eso sí cada clase deulle o seu ar persoal.
Imos ir deixando aquí os diferentes "contos" para que os disfrutedes. Os orixinais forman parte xa das nosas bibliotecas de aula.
Ola!
ResponderEliminarUnha moi boa idea!
Noraboa a mestres e ilustradores!
Saúdos
¡Estes libros sí que teñen mérito!Menudos autorazos ;-) ¡Feliz Día do Libro!
ResponderEliminarCocorico xa era e é moi querido na nosa casa, ás miñas peques gustoulles un montón dende o primer día que o leron, e a representación do conto polos nenos do cole calou fondo. Ademáis menuda posta en escena, tal cal parecen os debuxos. Moi ben rapaces!
ResponderEliminar