sábado, 4 de febreiro de 2012

AGASALLOS DE CONTO



Remata o mes de Xaneiro e chega un novo contacontos na biblioteca, despois de dúas semanas cheas de novas experiencias.
Desta volta foi a profe Laura a encargada de lernos un bonito conto que a todos nos engaiolou..."Un agasallo diferente".






E como a cousa ía de agasallos decidimos facerlle un agasallo cada quen a outro dos cursos de infantil. Traballamos toda a semana nel con moito segredo e sen saber qué estarían a argallar as profes. Cando chegamos á biblioteca todos estabamos desexando darlle o noso agasallo ós compañeiros; pero tivemos que agardar a que acabase o conto.


Os de 3 anos A fixeron un móbil para os de 5 anos

Os de 3 anosB fixeron outro móbil para os de 3anosA

Os de 4 anos fixeron unha tarta de plastilina e unha montaña con números para xogar para 3 anosB

Os de 5 anos fixeron un memory da paz para os de 4 anos. Por suposto o primeiro que fixemos cando chegamos á clase foi ... xogar!.

venres, 3 de febreiro de 2012

BOMBONS DE CHOCOLATE

Dentro das actividades do proxecto do Chocolate que estamos a traballar no 2º trimestre, os de 3 anos deciciron facer bombóns de chocolate. Os de 4 anos quixemos compartir esta experiencia e invitados polos nosos amigos de 3anosA fomos correndo para nós aprender tamen.
A profe Laura trouxo unha maquina, moldes e ingredintes e puxémonos mans a obra.
Mágoa que a metade da clase de 4 estivese maliña. Non nos quedará mais remedio que repetir a experiencia.




Ademáis aproveitamos para ve-las diferencias entre o cacao e o nesquick e probar o seu diferente sabor. Fixádevos na cara dalgún que non quería recoñecer que o cacao non lle gustaba... ¡era tan amargo!

COOPERANDO PARA A PAZ

Neste ano 2012 Ano internacional do Cooperativismo, unha das tarefas que nos temos proposto a nivel de centro e mais de ciclo e aprender a formar parte de equipos de traballo e disfrutar compartindo aprendizaxes e tarefas. O xeito de facelo desta volta foi facer grupos de traballo nos que se misturaron grandes e pequenos para axudar e aprender todos de todos. Ó dicir dos nenos foi unha superexperiencia e tan contentos estaban os pequenos que recibiron aos de primaria nas súas aulas, coma os maiores que viñeron a nos ensinar algunhas habilidades súas.
Os que pasastes polo cole xa tivestes a oportunidade de ver o Mural da Paz que decora a nosa entrada e, aínda que non o pareza, foi totalmente improvisado na súa composición. Se nos tiveramos posto de acordo seguro que non sairía máis conxuntado...

Deixámosvos aquí as fotos das distintas experiencias dos grupos e non deixedes de ver estes días o blog porque ainda temos moito mais que contar.

1º de Primaria compartiu con 3anosA




6º de primaria compartiu con 3anosB




2º de Primaria compartiu con 4 anos




4º de Primaria compartiu con 5 anos. En canto teñamo-las fotos porémolas