venres, 9 de decembro de 2011

A VACA QUE PUXO UN OVO





O pasado venres na biblioteca tivemos tivemos unha contacontos excepcional… a profe Malena, que foi debullando páxina a páxina unha historia orixinal e chea de dozura. Ademais contamos coa compaña dos maiores de 1º de Primaria; cousa que nos fixo moita ilusión por volver estar ao lado dos nosos vellos compañeiros.

Cando o conto acabou os de primeiro explicáronnos algunha cousas sobre o mesmo e sobre o mundo das vacas e dos pitos... Estade atentos; se o tema interesa pode que esteamos ás portas dun novo proxecto.
Ollade que ledos e colaboradores pasamos a mañá do venres compartindo as nosas lecturas e o noso espacio e traballo oos nenos de 3 anos. Recibímolos nas aulas de arriba...toda unha novidades para eles. A algúns soubolles a pouco estarmos todos xuntos e non querían marchar cando chegou a hora.


2 comentarios:

  1. ¡Por fin coñezo á famosa Marjorie! Días despóis da exposición de Malena, a miña filla seguía có conto a voltas :-)Brillante a vosa iniciativa. Noraboa!

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que a tal Marjorie deu abondo que falar. Non é de estranar, entón, mirando o atent@s que están @s peques nas fotos. E, ademáis, contando con un extra adicional de expresividade aportado pola profe Malena. Xenial, mantede a capacidade de sorprender, por favor!!

    ResponderEliminar