martes, 27 de setembro de 2011

COMENZAMOS A NOSA ANDAINA

Despois de dúas semanas de adaptación e de practicar o "aprender a pensar" na clase de 4 anos empeza a espertar o formiguiño da motivación cara á lectoescritura. Hoxe fomos quen de plantexar na asamblea os problemas que nos está dando unha pantasma gamberra que se colou na nosa clase e empezamos a pedirlle axuda a Tica.
Ollade como traballan todos os nenos na mensaxe que lle mandamos a Tica (xa que a escritura empeza sendo debuxo). Despois do esforzo quedounos unha carta tan superlonga que tivo que quedar colgada no corredor porque non fomos quen de metela nun sobre... Imos ver se Tica nos contesta... 




















xoves, 15 de setembro de 2011

XUNTANZAS COAS PROFES

Como tódolos anos por estas datas vanse celebrar na vindeira semana as xuntanzas coas diferentes titoras. Sería bó que acudísedes todos cantos poidades, ainda que os que tedes varios fillos teñades que facer unha pequena maratón...

DIA                                          MARTES 20 DE SETEMBRO

HORA
AULA DE INFANTIL
16 HORAS
3 ANOS A
17 HORAS
3 ANOS B
4 ANOS
5 ANOS

BENVIDOS DE NOVO

Levamos xa case unha semana de clase e ainda non  vos tiñamos saudado a todos...os novos pais e os que continuades  ciclo. Benvidos a todos! Agardamos que esteades tan contentos neste novo curso como semellabades estar o curso pasado e que pouco a pouco se vaian  incorporando mais persoas ós comentarios.

Xa sabedes que temos profes novos e nenos novos nas 4 aulas de infantil. 

Graciñas anticipadas e benvidos de novo!