Hoxe traemos ata vós unha iniciativa que se fixo en 96 coles de toda Galicia onde os nenos e as profes foron escollendo os libros que salvarían dunha hipotética queima. As razóns dos nenos son moi diferentes, pero coido que paga a pena botarlles unha ollada.
Anímovos a que deixedes ao longo deste verán os vosos comentarios con aqueles contos e libros que os vosos fillos e fillas disfrutan mais e as vosas preferencias persoais como pais e nais...seica no vindeiro curso poidamos facer en infantil un bonito proxecto con todos eles.
Eu deixovos aquí un dos moitos-meus libros preferidos "Rato de campo e Rato de cidade" escrito por Eva Mejuto e ilustrado por Kiko Dasilva da Editorial Kalandraka un libro que conta dun xeito moi tenro que cadaquen ten o seu lugar.
Animádevos, agardo os vosos comentarios!
Ningún comentario:
Publicar un comentario