Esta semana agardábanos ainda outra sorpresa (ademais da mensaxe de Tica da que vos falaremos noutra entrada). Cando fomos mirar se os capullos de verme de seda xa abriran ocurréusenos preguntar ós de 3 anos se tiñan novas de Guillerme que andaba dende algún tempo desaparecido. O mirar dentro da súa casa quedamos abraiados ... el tamén fixera capullo...¡e que el tamén é un verme de seda!.
Agora sí que non damos feito cos nervios, ...un día ou outro Guillerme vaise converter tamén en BOLBORETA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario