O prometido...non podemos deixar de vos ensinar a foto dos allos dos nenos de 4 anos que están tamén medrando a bo ritmo.
mércores, 6 de abril de 2011
AQUI ESTAN OS ALLOS DE 4
OS DE 3 ANOS VAN DE VISITA
Os nosos amigos de 3 anos están entusiasmados coa primavera e esta misión de axudar a Tica coas súas pócimas, así que moi pronto veredes como levan a plantación das sementes que a eles lles tocaron.
Como son moi curiosos e se interesan por todo o que acontece no cole, viñeron visitarnos para ver como medran os nosos allos. Xa que estaban connosco pedíronnos consello sobre a plantación ...
Como son moi curiosos e se interesan por todo o que acontece no cole, viñeron visitarnos para ver como medran os nosos allos. Xa que estaban connosco pedíronnos consello sobre a plantación ...
CARLA ADIANTA A ABEL
Os nenos de 5 levamos unha competición moi particular coas plantas de allos. Tódolos días ordenámolos por alturas segundo van medrando os talos. Ata agora Abel era sempre o gañador, pero de súpeto o allo de Carla deu un chimpo e xa vedes o resultado...
luns, 4 de abril de 2011
TICA PIDE AXUDA
Non sabemos que lle pasou a Tica, pero ven de mandarnos unha nova mensaxe de socorro xunto cun misterioso paquete. Seica ten que facer pócimas curativas para os nosos amigos pantasmas ( aqueles que acaban de sair do hospital pantasmal) e disque non sabe por onde empezar. Daquela nós imos investigar ese asunto das pócimas que curan.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)