luns, 28 de marzo de 2011

CELEBRAMO-LA PRIMAVERA

Para celebrar o comezo da primavera fomos o Xardin Arboretum da Fundación Sales, un lugar onde atopamos, ademais de moitisimas árbores e  plantas, un espacio moi ben deseñado para o desfrute da natureza. 
A todos gustaríanos volver e como é un lugar aberto ó público non fai falta mais que vos animedes a coñecelo cos vosos nenos e nenas... As fotos non son quen de vos transmitir toda a beleza dos distintos xardíns que hai alí dentro por mor dun pequeno problema técnico, pero serven para que vos fagades unha idea. 



2 comentarios:

  1. Cando tes catro anos e volves dunha visita como esta, os estanques convírtense en grandes lagos, aparecen selvas de bambú, e ... ¡A imaxinación dispárase!. Pode que, ó final do curso, houbera material suficiente como para unha novela fantástica infantil, ou "infantil fantástica"; seguro que sería fantástica en calquera caso, ¿non?

    ResponderEliminar
  2. Fun con Estela (3 anos) e pasamos unha tarde moi agradable no 'Bosque das Hadas' como o bautizou a miña filla. Incluso lle preguntou á rapaza de recepción '¿Eres un hada?'
    Grazas por suxerirnos esta visita!

    ResponderEliminar