domingo, 9 de xaneiro de 2011

CONTAMOS MOITO: OS DE 5º E 6º TAMÉN NOS CONTAN

Antes de comezar as vacacións fomos todos xuntos á biblioteca para escoitar o derradeiro conto do ano 2010. Os nosos amigos e compañeiros do terceiro ciclo contáronnos e animaron un conto moi axeitado para esas datas que veñen de pasar 


Fixeron moi ben o seu teatro negro. Non fomos capaces a ver quen manexaba as figuras de tantas cores que lles axudaban a contárno-lo conto; pero a maxia da fotografía fai que agora sí que poidamos saber quen se agachaba detrás de cada personaxe...Velaíqui os tedes.




Moitas grazas ós nosos compañeiros e as súas profes. Pasámolo xenial

2 comentarios:

  1. Noraboa ´@s de 5º e 6º, e tamén ás profes. Despois de miralas fotos da representación, o que máis me chamou a atención foi o grande atractivo visual: por unha banda as formas sinxelas do material empregado, e por outra, sobre todo, as impactantes cores. Seguro que captaron moi ben a atención d@s pequen@s, ...

    ResponderEliminar
  2. Foi unha animación moi bonita. Ao estar a biblioteca completamente a escuras as cores aínda destacaban mais. Ós cativos gustoulles moito; mágoa que naquelas datas había moitos nenos "malitos" que se perderon o espectáculo. A ver si os maiores repiten a experiencia

    ResponderEliminar