martes, 30 de marzo de 2021

SEMANA DA POESÍA EN INFANTIL

 Deixámosvos aquí o traballo de infantil, que xa está pendurado no muro dixital da Semana da Poesía. Os nenos de 3 e os de 4 escolleron fermosos poemas para recitárnolos. Rosalía de Castro, Antonio Machado e Dolores Campuzamos son os poetas escollidos ós que lle prestaron a súa voz. Fixérono moi ben. 

Os de 4 aproveitaron para ilustrar tamén os versos e darlle a benvida á primavera! 

Os nenos e nenas de 5 anos déronlles voltas e voltas ás palabras ata compoñer un texto poético que lles resultou ademáis moi divertido. Por un problemiña de última hora non puideron ilustrar e gravar o poema e seguir matinando noutros versos piratas que lles deixou un dos seus amigos piratas; pero como agoriña ven aí o mes do libro, de certo que poden seguir traballando nel á volta das vacacións.

Aula de 3 anos


Aula de 4 anos



Aula de 5 anos



venres, 19 de marzo de 2021

SEMANA DA POESÍA

 Coñecede a actividade que celebramos na vindeira Semana da Poesía. Lede a información no blog da biblio. Animádevos! Fagamos e leamos poesía nas aulas e nas casas.

sábado, 13 de marzo de 2021

INFANTIL E A CIENCIA EN FEMININO

Vimos de celebrar esta semana o Día da Muller e metidos como estamos nun Proxecto de centro arredor da saúde  e dos virus non podiamos deixar pasar a celebración para seguir traballando neste tema. 

Os de 4 anos traballaron sobre Marie Curie. Coñecérona lendo o conto  que forma parte da nosa maleta viaxeira de mulleres.




Despois de falar moito dela e xuntar tódolos datos precisos fixeron estes traballiños sobre ela.








 

Os de 5 atoparon na listaxe de enroladosdo barco do noso amigo pirata  dúas novas piratas. O noso amigo está loitando contra os mocos e o coronavirus dende que comezamos o curso. A astrónoma Hipatia de Alejandría e a viróloga Margarita Salas son un luxo de axudantes na súa misión!

Primeiro falaron do que pensaban. A palabra astrónoma éralles descoñecida e moito máis a palabra viróloga. Despois de reflexionar, enseguidiña relacionaron os astrónomos coas estrelas e lembraron que nos barcos é moi importante coñecer a estrelas para  poder orientarse. Só faltaba averiguar que instrumentos usaba un astrónomo nos tempos de Hipatia... Unha olladiña a internet e listo... O astrolabio! 

Despois de seguir pescudando e vendo un vídeo sobre este aparello xa estiveron en condicións de imaxinar como traballaría Hipatia axudando a marcar o rumbo.

Para averiguar cousiñas sobre Margarita Salas tiñáno  máis dicifil. Que sería unha viróloga?. Nin idea! O único que tiñan claro era que debía estudar algo porque a súa profesión remataba en ...ÓLOGA. En troques de pescudar nos libros ou en internet decidiron poñerse en contacto con ela e preguntarlle directamente cal era o seu traballo e como podía axudar no barco. Así que cadaquen pensou cal ía ser a mellor pregunta para facerlle. Tamén imaxinaron como sería cada unha delas e debuxáronas.

Mirade os seus debuxos e traballos, aínda que o tema  non o temos rematado.!



ROSALÍA EN 3 ANOS

 No blog fonte dos frades tedes as fotos dos nenos de 3 anos e os seu traballo de Rosalía. Pasade por aí a ver os retratos que pintaron estes pequechiños.