xoves, 23 de decembro de 2021
ACTIVIDADES DE NADAL
domingo, 12 de decembro de 2021
ASÍ COMEZAMOS NA CLASE DE 5 ANOS E... CHEGAMOS Ó OUTONO!
Xa fai uns meses que comezou o curso, sen embargo, aínda non víchedes as nosas caras por esta xaneliña. Mostrámosvos neste vídeo algúns momentos de como foi o inicio de curso, e algunhas das rutinas e actividades que fomos facendo.
ADIANTE VÍDEO!
sábado, 11 de decembro de 2021
HISTORIAS DE SAMAÍN EN 5 ANOS!
Aínda que xa non é tempo de Samaín, non queremos deixar de mostrarvos as historias que fixeron os nenos e nenas de 5 anos.
Ese día tocaba xogar e explorar con lenternas de medo. De repente, unha nena propuxo facer historias como fixéramos o ano pasado coa mesa de luz. Todos aceptaron e puxéronse mans a obra. Aquí vos deixamos o resultado.
DESFRUTADE!!
sábado, 4 de decembro de 2021
MAGOSTO NA CLASE DE 4 ANOS
venres, 3 de decembro de 2021
SAMAÍN NA CLASE DE 4 ANOS
Aínda que imos con un pouco de retraso mostrándovos o que pasa na nosa clase, coido que nunca é tarde. Desta vez , queremos amosarvos o que fixemos na semana do Samaín. Falamos moitísimo dos nosos medos, qué sentimos cando temos medo e como podemos resolvelos.
Ademáis traballamos a artista japonesa Yayoi Kusama, unha apaixoada dos círculos e cabazas. Fixemos unha festaza de disfraces, bailamos, papamos cousas monstruosas traidas da casa e, por suposto, gozamos dunha lectura terrorífica en compañía das nosas compañeiras Paula e Claudia de 5º de E.P
Botádelle unha ollada a ver que vos parece.
venres, 12 de novembro de 2021
NOVA COMPI NA CLASE DE 5 ANOS!!
martes, 2 de novembro de 2021
DESPEGAMOS!!!
Parece incríbel, pero xa demos comezo a un novo curso. Un curso cheo de cambios, novas aprendizaxes, emocións e moita moita diversión.
Este video é só unha pequena mostra das moitas cousas que se suceden ao longo do día: rutinas de entrada, tarefas do encargad@, diferentes propostas de traballo, xogos no patio, merenda, conto, ás veces algo de relaxación porque estamos un pouco alterados.... e no medio de todo isto sempre hai espazo para celebrar algún aniversario.
xoves, 1 de xullo de 2021
FIN DE CURSO 5º E.I.
martes, 29 de xuño de 2021
PROXECTO "BECHOS"
Este trimestre na aula de 4 anos estivemos investigando sobre os bichiños. Xa somos case uns profesionais, especialmente co tema das abellas. ¡MIRADE, MIRADE!
O 3º TRIMESTRE NA AULA DE 5º DE E.I.
Xa chegamos a Xuño e antes de pechar as portas para desfrutar do verán, queremos lembrar todo o que desfrutamos, traballamos e xogamos neste 3º trimestre. ¡ADIANTE VÍDEO!
mércores, 26 de maio de 2021
PROXECTO "OS CIENTÍFICOS"
Este curso na aula de 4 anos convertímonos nuns auténticos científicos. Aprendimos un montón de cousas coa axuda dos mouchiños, e mesmo montamos un laboratorio na aula. Non volo credes?? pois aquí vos deixamos un vídeo para velo.
luns, 24 de maio de 2021
LEMBRAMOS!!
Queremos recordar ás familias dos nenos e nenas da aula de 4 anos que as propostas de actividades que imos facendo tódolos mestres están recollidas na aula virtual da escola. Non precisades ningún usuario nin contrasinal.
Podedes acceder premendo AQUÍ
Esperamos que nos visitedes!!!
luns, 17 de maio de 2021
A SUXESTIÓN DE CARMEN
Tamén Paula (4ºprimaria) e Carmen (5 anos) suxiren lecturas e nos len o conto "Orellas de Bolboreta"
Paula tamén nos le un RELATO DE GIANNI RODARI traducido por XELA ARIAS
A SUXESTIÓN DE IAGO
Iago (3 anos) e Adriana (6º de primaria) suxiren e len "Polo camiño". Estupenda lectura!
domingo, 16 de maio de 2021
CADROS CON LIBROS
Abril e Julián participan tamén na actividade CADROS CON LIBROS. Tedes aquí a presentación con ideas para cadros por se vos animades.
Julián (2º de primaria) representa "O lector engaiolado" de René Magritte.
MÁIS LECTURAS E SUXESTIÓNS EN FAMILIA
Seguimos estando de sorte! Unha familia máis achéganos as súas suxestións e agasállanos cunhas novas lecturas. É un gusto escoitalos!
Abril (4 anos) e Julián (2º de primaria) fixeron unha escolla de libros e nola envían. Adiviñades quen escolleu cada conto?
sábado, 15 de maio de 2021
PRESENTACIÓN COMPLETA DOS RELATOS DA TORRE
Hai tempo, a mediados de abril, os nenos e nenas de 4 e 5 anos decidiron atreverse co Reto da torre que nos propuñan dende a biblioteca. Xa vos ensináravos os debuxos que a torre inspirou os nenos de 4. Agora tamén os de 5 preséntanvos o seu relato fantástico inventado entre todos e os outros que fixeron individualmente.
CIENCIA EN 3 ANOS
venres, 14 de maio de 2021
UN NOVO MAIO
Julia de 5 anos e a súa familia desfrutaron moito facendo este maio. Flores e fiunchos...un festival de cheiros!
xoves, 13 de maio de 2021
martes, 11 de maio de 2021
XIÁN SUXÍRENOS CONTOS
Que ben estamos! Temos novas suxestións de lectura! Desta volta Xián da aula de 5 anos suxire varias lecturas con moi boa pinta.
domingo, 9 de maio de 2021
LUCAS TAMÉN SE ATREVE CUN CONTO
Lucas (5 anos) le un conto para Xabi (3anos) e para todos nós. É un estupendo conto no que hai que ir adiviñando que cousa vemos. Escoitade a Lucas... Fenomenal!
venres, 7 de maio de 2021
HÉCTOR SUXIRE E LE UN CONTO
Héctor da aula de 5 anos e a súa nai len un estupendo conto de dinosaurios. Os dinosaurios gustan moito nesa clase...non é de extrañar. Estupenda lectura, familia!.
Tamén nos suxiren unha manchea de libros! Graciñas!