xoves, 26 de decembro de 2019

OUTONO NA CLASE DE 3 ANOS

O Outono xa pasou e na aula de 3 anos queremos compartir convosco algunhas das experiencias que fixemos; observamos os cambios no patio da nosa escola, fixemos recolleita de follas e froitos, manipulamos e traballamos os sentidos con eles, clasificamos follas e froitos, contamos, asociamos números e cantidades, experimentamos coas cores do outono, estampamos follas, tapóns e corchos, fixemos unha cesta para o magosto e mesturamos cores do outono ao ritmo de Vivaldi. 
¡Mirade o vídeo e veredes que ben o pasamos!



sábado, 21 de decembro de 2019

OS PEIXIÑOS DESÉXANVOS...

Rematamos este primeiro trimestre moi ledos e satisfeitos do traballo realizado. Agora toca descansar, recargar pilas e disfrutar da familia.

Boas festas para todos e unha aperta moi, moi grande.

xoves, 19 de decembro de 2019

SESIÓN CON LUZ NEGRA

Días atrás tivemos a sorte de experimentar e traballar coa luz negra.
Unha mágoa que non vísedes a nosa reacción cando a clase quedou ás escuras e comezamos a ver os efectos que a luz negra tiña sobre todo aquilo que nos rodeaba.

luns, 2 de decembro de 2019

POR FIN VISITAMOS APIPOLIS!!!!

Neste caso a espera pagou a pena porque o que vimos e experimentamos neste centro non ten prezo.
Foi unha mañá cheiña de sorpresas repartidas nos diferentes obradoiros que Nico e Dori nos tiñan preparados.
Escomenzamos por lembrar moitas cousas que xa sabiamos das abellas; vendo por exemplo, na lupa, onde estaba a abella raíña. Despois entramos no apiario perfectamente vestidos e protexidos para ver unha colmea en directo e os milleiros de obreiras que traballan para acadar o seu obxectivo. Non faltou o obradoiro de galletas e finalmente a visita á sala na que se fai a extracción, colado e envasado do mel.

Só tedes que botar unha ollada ás nosas caras para ver cómo desfrutamos dunha mañá especial.


 

luns, 25 de novembro de 2019

SORPRESA CON LUZ NEGRA!!!

O mércores pasado, á volta de psicomotricidade, ocorreu algo moi raro na nosa aula. 
No corredor encontramos uns círculos de cores e a porta da aula estaba pechada. Resulta que para poder pasar tivemos que pormos unhas pulseiras máxicas.
Estaba todo moi escuro pero, ó mesmo tempo, había obxectos moi brillantes, como a nosa pulseira.
Foi unha sesión con material sensorial para experimentar coa fluorescencia; disfraces,  pinturas e debuxos, troquelados de cartulina, móbiles con formas, construcións con materiais da instalación... 
En definitiva, exploramos un mundo máxico cheo de ciencia, arte e creatividade.



luns, 18 de novembro de 2019

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Este ano, despois de que o tempo nos dese unha tregua, celebramos a festa do magosto compartindo un tempiño moi agradable cos nosos compañeiros de 5º de EP .Un tempo de explicacións, de ánimos e, por suposto, tamén de risas. Os maiores orgullos@s da súa encomenda e, nós, encantados da súa compaña. Grazas a tod@s. 
E para poñer fin a un momento tan divertido e de tanto desgaste, que mellor cousa que unha boa papatoria de castañas.  


domingo, 10 de novembro de 2019

OBRADOIROS TERRORÍFICOS DE CICLO NO SAMAÍN

Na mañá do Samain tódolos compañeiros das tres aulas de infantil xuntámonos mesturados para desfrutar de tres estupendos obradoiros que organizaron as nosas profes.

Na aula de Charo puidemos viaxar ata Exipto e converternos en momias. Na aula de Sonia mergullámonos nun estrano mundo de cores e colaboramos na feitura duns terroríficos experimentos.
Da man de Pilar entramos no mundo dos contos acompañando e axudando ao Rato Renato e a unha resabiada velliña que foi quen de enganar  a tres feras que coidaban ser moi astutas.
Pasámolo de medo!!



sábado, 9 de novembro de 2019

PRIMEIROS DÍAS, PRIMEIRAS IMPRESIÓNS!

Xa fai case dous meses, o 11 de setembro para ser máis exactos, comezamos un novo curso escolar dándolle a benvida aos nenos/as de 3 anos.
Ilusións, medos, alegrías, enfados, presentacións, xogos... 
Unha chea de emocións se misturan os primeiros días de cole!!
Aquí vos deixamos unhas imaxes do comezo de curso  que falan por si mesmas. 
Benvidos!!!



xoves, 7 de novembro de 2019

COMEZAMOS !!!

Aínda que o curso escomenzou alá polo mes de setembro, aínda non puidemos dar conta no blog de todo o que levamos feito.
Aquí vos deixo un resumo do que foron as primeiras semanas de clase, aínda que ben seguro que algúns estades moi ó día de todo o acontecido.

domingo, 16 de xuño de 2019

...MAIO EN 3 ANOS

Maio chegou con tarefas novas que facer. Os mouchiños encargáronnos medir a aula e tamén investigar se había escaiola no cole. Nós fixemos como puidemos e un día a profe Elena quixo axudarnos a medir e trouxo unha cinta moi grande. Nós xa tiñamos unha de Olivia, pero era moito máis pequena. Tamén dous amigos da clase de 4 viñeron contarnos algo da escaiola. Que ben o fixeron.! Coa súa información tivemo-las cousas máis claras.
Despois, os mouchiños  nos pediron unha maqueta do noso patio de infantil, pero aínda non a rematamos.
Os nosos vermes siguen a medrar e comezaron a facer uns casulos moi amarelos. Xa acabando o mes saíu a primeira bolboreta. Estamos moi emocionados!. Agora non para de nacer...xa temos milleiros.!
Un día fomos ao teatro (no cole) e coñecimos a unhas actrices que nos contaron unha historia un pouco estraña, pero pasámolo moi ben.!
O mes pasóusenos ensaiando para o festival e semella que o fixemos moi ben. As fotos do festival tamén están neste enlace.
Ademáis das nosas teimas de sempre, pintamos mensaxes secretas con tinta invisible e probamos a facer nós escaiola, ...a ver que pasaba!. Tamén baixamos ao patio a facer unha foto cos nosos compañeiros. Cando puidemos vela foi unha sorpresa descubrir que  todos formabamos un 50!.

Aínda nos quedan uns días de cole asi que polas fotos de Xuño ides ter que agardar.


APRENDENDO A MEDIR



ESCAIOLA E OUTRAS ACTIVIDADES

...ABRIL EN 3 ANOS

No mes de abril seguimos cos aniversarios e comezamos un novo proxecto adicado aos dinosauros.
Tamén nos visitaron uns avós e unhas avoas que nos presentaron a unha foca moi especial:  Nuka. Encantounos agarimala. 
O mes pasou rápido. O mellor de todo foi coñecer aos  nosos padriños lectores da clase de 5º A. Primeiro tiñamos un pouco de medo, pero despois pasámolo xenial.!


...MARZO EN 3 ANOS

En marzo chegou o entroido. As fotos xa as tedes nos outros blogs do cole, así que aquí non as poñemos xa.
Foi un mes importante porque empezamos a cumplir 4 anos e notouse que xa eramos maiores e que nos fixeramos todos moi amigos.
Un día, de súpeto, recibimos unha caixa misteriosa cunhas boliñas moi pequechas. Tivemos que pescudar que poderían ser aquelas cousas das que saían uns bichiños moi ananos. Había que miralos coa lupa!
Mentres matinabamos nestas cousas,  seguemos a  xogar,  a contar contos, a traballar coa selva e a mellorar nos  nosos  xogos de matemáticas.


...FEBREIRO EN 3 ANOS

No mes de febreiro empezamos a traballar sobre a lúa e o universo. O entroido íase achegando e o tema escollido era o aniversario da conquista da lúa. Que mellor que empezar visitando un planetario que misteriosamente pousou o seu "iglú" na casa de patatín!. Esta viaxe foi xenial!
Despois, trouxemos contos e libros sobre a lúa e seguimos a aprender unha chea de cousas mentres preparabamos o noso disfraz.
Un día coñecemos tamén un peliqueiro e puidemos observar o seu pesado traxe.
Máis adiante, os mouchiños mandáronnos  investigar como era o cole por dentro. Esta foi a tarefa que nos tocou no traballo de "xeolocalización" do PDI e veunos moi ben porque, como eramos pequeniños, non subiramos nunca ós outros pisos. Aproveitamos para facerlle unha visita ós nosos amigos de 5ºB e ve-las exposicións que había nos corredores.
Foi un mes emocionante porque tamén nos visitou o alcalde para inaugurar a celebración do  50 aniversario do cole e aínda que semelle que non nos enteramos de nada non foi así. 
Tamén coñecemos a Rosalía, unha poetisa que falaba dun xeito raro. Mírase que nos gustou traballar con ela porque despois atrevémonos a facerlle un busto con papel de xornal.
Rematamos o mes coa Semana da Troula, que guapos estabamos!... O Entroido chegaba, por fin, e nós tiñamos todo preparado.


COMEZAMOS O RELATO . AULA DE 3 ANOS XANEIRO

Agora que se achega a fin de curso, toca dar conta do que fixemos nestes dous últimos trimestres. Daquela, as vindeiras entradas están adicadas a que desfrutedes coas fotos dos nenos e nenas de 3 anos na súa aula. Din que unha imaxe vale máis que mil verbas. Eu non diría tanto. As fotos non falan, non podedes escoitar os seus risos e os seus comentarios; non queda outra, teredes que lle botar un pouquiño de imaxinación...  Xa sei que eles na casa non contan moitas cousas!.

No mes de xaneiro comezamos o noso proxecto da selva. Nas fotos veredes todo o que foi chegando ás aulas e como empezamos a aprender con elas (e con outras cousas que xa tiñamos). Neste mes chegaron murais de presentación do noso proxecto para as familias, fixemos actividades arredor do conto "Elmer" traballando as diferencias entre as persoas, fixemos o noso traballo para o mural colaborativo e tivemos a nosa primeira semana da froita.


sábado, 30 de marzo de 2019

3, 2, 1...DESPEGAMOS!!

Moitas grazas a todos. Ao profesorado, ás familias - en especial a María quen deixou aos meus peixiños aínda máis guapos- polo seu  traballo, e, por suposto, a vós, pequenos e pequenas, polo voso entusiasmo, o voso esforzo e a vosa paciencia.


Fixérono fantástico!!! Son fantásticos!!!!

xoves, 14 de marzo de 2019

TAMÉN CREAMOS NA CASA

Nesta semana de festa e de traballo atarefado non podía faltar a s achegas das familias. Unhas achegas moi valiosas, porque non só contribúe a engalanar os nosos corredores, senon tamén axuda a que os nen@s mostren con orgullo e satisfacción as súas produccións.
Así que mil grazas pola vosa colaboración.

CONVERTÉMONOS EN ARTISTAS

O noso proxecto non podía pasar desapercibido nestes días de entroido. Así que, despois de moita conversa, decidimos facer algúns complementos para transformarnos en verdadeiros artistas.
Mans á obra e a facer unha paleta de pintor, unha brocha, un bigote e unha gravata ben vistosa.
Aqui tedes o noso resultado. 

ORDES DO MECO

Este ano celebramos os 50 anos do noso cole, pero tamén os 50 da chegada do home á lúa. Daquela as ordes do Meco ían moi relacionadas con esta temática: unha máscara, un sombreiro espacial, un banderín e unha lúa pintada na cara.
Mirade o noso equipamento que nos serviu  para darlle pulo á nosa creatividade pero, sobre todo, para pasalo en grande. 


venres, 25 de xaneiro de 2019

TODOS TEMOS CATRO ANOS

O mes de decembro é un mes de nervios, de ilusíón e de moito rebumbio, non só porque chega o nadal senon tamén porque algúns dos peixiños cumplimos catro anos.
Menuda merenda tivemos para celebralo e todo grazas ás familias dos homenaxeados. Unha vez máis grazas e parabéns a todos.

CUMPLIMOS COA TRADICIÓN

Un ano máis  cumplimos coa tradición de entregarlle as nosas cartas a súa maxestade.
Que ilusión, que nervios e que caras!!!!

 

OS PEIXIÑOS REMATAMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE

Agora que xa viste-las nosas sorpresas, podemos ensinarvos todo o que traballamos nos últimos días de decembro para recibir o nadal como se merece. Un traballo que nos obligou a deixar o noso proxecto de Van Gogh aparcado durante un tempo.Coido que, despois de ver o resultado, pagou a pena.
Que me dicides?
Aproveito  para da-las grazas a tódalas familias pola súa participación na elaboración das casiñas de xenxibre, unha participación moi necesaria. Sodes unhas familias de artistas. Parabéns pola vosa creatividade e por adicar un tempo para facer cousas cos vosos fill@s,  cousas que compartir cos demáis.