Con Juan , o pai de Daniela, rematamos as visitas deste primeiro trimestre.
Coa súa axuda conseguimos saber moitas cousiñas da familia de Daniela e tamén aprender a xogar ao "vexo, vexo". Un xogo novo para algúns de nós, pero... un pouquiño de entrenamento faranos verdadeiros expertos.
Gracias, Juan, pola túa visita.
xoves, 21 de decembro de 2017
OS NEMOS DE TERE
Aínda que imos un pouquiño atrasados coas entradas do blogue, non vos preocupedes porque a actividade na clase dos peixiños aínda non parou. De tal xeito que hai uns días recibimos a Tere, a mamá de Nerea, que nos tiña preparada unha agradable sorpresa.
Despois das rutinas diarias, convidounos a facer uns "Nemos", algo moi ben pensado se temos en conta que somos a clase dos peixiños. Tanto nos gustou a idea que rapidamente nos puxemos con todo o necesario para crear os noso "Nemo". O resultado xa loce, ben bonito, nas ventanas da nosa clase.
Mirade que chulada.

martes, 12 de decembro de 2017
RECIBIMOS A MAMÁ DE YAIZA
Hai uns días recibimos a visita da mamá de Yaiza, quen aproveitou para encher a nosa clase cun ambiente verdadeiramente de nadal.
Convidounos a facer unhas postais ben bonitas que cada un de nós decorou ao seu gusto.
Mirade que tempiño tan agradable pasamos, experimentando e compartindo a nosa creatividade con Lorena.
Lorena, moitísimas grazas por visitarnos.

SEGUIMOS A EXPERIMENTAR
O segundo experimento veu da man dos nosos compañeiros de catro anos. Nesta ocasión amosáronnos cómo a auga pode mudar de cor empregando un papel determinado.
Grazas aos nosos veciños polas súas achegas e por compartir unha xornada verdadeiramente científica.
Grazas aos nosos veciños polas súas achegas e por compartir unha xornada verdadeiramente científica.
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O pasado mes de novembro, co gallo do mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares, aproveitamos para convertirnos en pequenos investigadores e realizar os nosos primeiros experimentos.
O primer experimento foi moi divertido porque conseguemos inflar un globo simplemente mesturando vinagre e bicarbonato. Tan sorprendidos quedamos que lles amosamos o resultado aos nosos compañeiros de 4 e 5 anos.

martes, 5 de decembro de 2017
VISITA DA MAMÁ DE LARA
Xa sabedes que a semana do protagonista complétase coa visita das familias. Desta vez contamos coa presencia de Patricia, a mami de Lara, que nos preparou un super taller de xoiería.
Trouxonos macarróns tinguidos, que primeiramente clasificamos e agrupamos por cores. Despois coa axuda de Patri, elaboramos a nosas pulseiras e colares.
Mil gracias Patri.
Trouxonos macarróns tinguidos, que primeiramente clasificamos e agrupamos por cores. Despois coa axuda de Patri, elaboramos a nosas pulseiras e colares.
Mil gracias Patri.
DESTA VEZ TOCOULLE A LARA
Lara foi a nosa segunda protagonista da semana. Agora xa coñecemos un pouquiño máis desta compañeira.
Sabemos por exemplo que lle encanta a cor laranxa, comer arroz ou que Eva e Inés Caride Costas son dúas amiguiñas moi importantes na súa vida.
Aquí tedes un pequeno resumo do que foi a semana.
Sabemos por exemplo que lle encanta a cor laranxa, comer arroz ou que Eva e Inés Caride Costas son dúas amiguiñas moi importantes na súa vida.
Aquí tedes un pequeno resumo do que foi a semana.
MAGOSTO TRES ANOS
Aínda que xa pasaron varios días e moitos de vos xa sabedes como nos foi no magosto, ben seguro que algunha cousiña vos queda por ver.
Aquí tedes unha pequeniña mostra dos preparativos, dos xogos que houbo no propio día e do que nos gustan as castañas.
Mirade, mirade...
Aquí tedes unha pequeniña mostra dos preparativos, dos xogos que houbo no propio día e do que nos gustan as castañas.
Mirade, mirade...
xoves, 16 de novembro de 2017
VISITA DOS PAPÁS DE LUCA
O mércores pasado os papás de Luca visitaron a nosa clase rematando a semana do protagonista con dúas actividades: un teatro de marionetas e un baile moi chulo.
Só tedes que ver as nosas cariñas para ver todo o que disfrutamos e o especial que se sentiu Luca.
Noraboa e moitas grazas Marco e Sara.
Só tedes que ver as nosas cariñas para ver todo o que disfrutamos e o especial que se sentiu Luca.
Noraboa e moitas grazas Marco e Sara.
O PEIXIÑO LUCA INAUGURA UN NOVO PROXECTO: O PROTAGONISTA DA SEMANA
Este curso estamos a desenvolver un proxecto que nos ten entusiasmados. Trátase do protagonista da semana, no que cada un de nós adquire unha relevancia especial contando un pouquiño máis dos nosos gustos, da nosa familia, das nosas experiencias...
Neste video podedes ver como Luca puxo en marcha esta actividade tan chula, mostrándonos e compartindo un pouquiño máis da súa vida e da súa personalidade.
Neste video podedes ver como Luca puxo en marcha esta actividade tan chula, mostrándonos e compartindo un pouquiño máis da súa vida e da súa personalidade.
sábado, 4 de novembro de 2017
UN DIA DE MOITO MEDO
Despois duns poucos preparativos chegou o dia do Samain e os de infantil decidimos celebralo dando e pasando moito medo. Organizamos
uns estupendos obradoiros onde en pequenos grupos poidemos desfrutar das actividades que para nós prepararan as profes. Unha visita ao túnel do medo deixounos abraiados con búsqueda misteriosa incluida; unha actividade de decoración de adornos propios desta tempada cos que fixemos uns murais aterrecedores; un baile de esqueletes aos que lle pintamos un ollo para colaborar no mural do PDI "Os ollos de Vigo" e o conto "Monstruo sé bueno" serviron para pasar a mañá de xogo que todos estabamos desexando.
venres, 3 de novembro de 2017
NA CLASE DOS PEIXIÑOS PREPARÁMONOS PARA UNHA SEMANA DE MEDO
A semana previa ó samaín estivemos preparándonos para celebrar unha gran festa de medo.
Ambientamos corredores, falamos moito dos nosos medos, ollamos con entusiasmo as cabazas que ían chegando da casa (fixándonos nos seus complementos, contando os dentes que tiñan, reparándo nas súas bocas, na cor en que viñan pintadas...), fixemos as nosas pantasmas utilizando a técnica do soplo e para rematar compartimos unha xornada na biblioteca cos maiores de 4º de primaria.
Esta xornada serviunos para coñecer a Edelmiro, un mouchiño xordomudo que ven de chegar á biblioteca.
Despois de coñecer a Edelmiro e de escoitar o conto de Carabuñas, puxémonos mans á obra cunhas grilandas terroríficas que nos quedaron ben bonitas.
luns, 16 de outubro de 2017
OS PEIXiÑOS DE TRES XA ESTAMOS AQUÍ !!!
Alá polo 11 de setembro escomenzabamos un novo curso dando a benvida aos cativos de tres.
Uns peixiños que chegaron ao cole con moita enerxía e que se están adaptando a esta nova andaina escolar, chea de sorpresas, e por suposto, novas aprendizaxes. Déixovos aqui un pequeno resumo do que foron estes primeiros días.
BENVIDOS A TODOS!!!
.
BENVIDOS A TODOS!!!
.
venres, 7 de xullo de 2017
PLANTAMOS!!!
Neste cole temos moita sorte de ter un exterior maravilloso, cheo de árbores e de natureza por todas as partes. Ademáis somos uns privilexiados porque podemos gozar dunha pequena horta que nos permite observar os cambios que o paso do tempo vai deixando en todo aquilo que plantamos.
Xa que temos este privilexio, decidimos, coa axuda de Sol, a nosa conserxe, aproveitar a oportunidade de plantar e coidar as nosas plantiñas.
Mirade que ben se nos deu.
Xa que temos este privilexio, decidimos, coa axuda de Sol, a nosa conserxe, aproveitar a oportunidade de plantar e coidar as nosas plantiñas.
Mirade que ben se nos deu.
luns, 29 de maio de 2017
PETRO QUE?
Entender que son os petroglifos e, sobre todo, pronunciar correctamente a palabra non foi tarefa doada.
Para entender mellor estes debuxos que os castrexos facían nas paredes dos castros, a profe Charo propúxonos facer os nosos propios petroglifos.
Mirade que divertida e sinxela resultou a experiencia.
Para entender mellor estes debuxos que os castrexos facían nas paredes dos castros, a profe Charo propúxonos facer os nosos propios petroglifos.
Mirade que divertida e sinxela resultou a experiencia.
VISITAMOS O MUSEO LISTE
Para afianzar todo o que estamos aprendendo sobre Galicia, os alumn@s de cinco anos, acompañados polos de tres, visitamos o Museo Liste.
Só vos podo dicir que a monitora do museo quedou moi sorprendida con todo o que sabiamos.
Só vos podo dicir que a monitora do museo quedou moi sorprendida con todo o que sabiamos.
domingo, 28 de maio de 2017
FESTIVAL DE FIN DE CURSO EN INFANTIL E 1º DE PRIMARIA
Para os que non puidestes desfrutar connosco nesta mañá do festival, deixámosvos algunhas fotos da xornada. Non están "todos os que son" porque non temos fotos dos de 4 anos na súa actuación como piratas, pero podedes velos no seu baile canda os de 3 anos. Foi unha mañá moi especial chea de ilusión e nervios. Ao final todo saiu moi ben e todos puxemos o mellor de nós para lucirnos diante das nosas familias. Os de primeiro compartiron cos pequenos ese tempo de goce...aínda non queren esquecer o ben que o pasaron nesta etapa. E nós con eles!
xoves, 27 de abril de 2017
UNHA VIAXE NO TEMPO
Como sabedes dende hai un tempo estamos metidos no proxecto "SOMOS GALEGOS". Un traballo que nos ten entusiasmados e moi "enganchados" por todo o que estamos a aprender.
Para comezar o tema como se merece e poder relacionar a nosa investigación co PDI (POLA BEIRA DO MIÑO) retrocedemos ata aos nosos devanceiros: OS CASTREXOS.
A partires de aquí buscamos información en diferentes soportes e decidimos facer o noso poblado castrexo con habitantes incluídos.
Agora xa sabemos quen eran os castrexos, como vivían, as partes dun castro, onde están os mellor conservados, onde está Santa Trega, que podemos ver dende alí...

PORTADAS DO SEGUNDO TRIMESTRE
Ao remate de cada trimestre toca ordenar os nosos traballiños e facer as correspondentes portadas. Aquí tedes todo o proceso.
mércores, 26 de abril de 2017
OBRADOIRO PIRULETAS DE CHOCOLATE
Na semana previa ás vacacións da Semana Santa convertémonos nuns auténticos reposteiros.
A profe Charo propúxonos facer unhas piruletas de chocolate; unha idea que nos entusiasmou porque todo o que ten que ver coa cociña fainos moitísima ilusión.
Foi unha experiencia divertida e moi , moi doce.

sábado, 18 de marzo de 2017
VENRES DE ENTROIDO
Tanta preparación precisaba dun bo fin de festa. Coido que o conseguimos porque desfrutamos moitisimo lucindo os nosos traxes de troitas no desfile co resto de compañeiros, bailando e xogando sin parar.
Mirade que guapos e orgullosos estabamos ese día.
Mirade que guapos e orgullosos estabamos ese día.
SEMANA DE TROULA EN CINCO ANOS
Aínda que con atraso, aquí vos deixamos un resumo do que foi a nosa semana de troula. Ocupamos o noso tempo en facer antifaces, carautas, óculos , investigar sobre as figuras dos merdeiros, peliqueiros, volantes de Chantada e, por suposto, de seguir o pé da letra as ordes da nosa Xacia Miñoncesa.
semana de troula en cinco anos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
luns, 27 de febreiro de 2017
ENTROIDO EN INFANTIL
Os nenos e nenas de Infantil desfrutamos arreo do entroido fluvial do Miño canda os nosos compañeiros do cole. Vikingos, troitas e bandeiras galegas desfilaron polo patio enchendo de colorido a mañanciña de sol co que nos agasallou esta mes de febreiro. Tamen íamos ben dispostos a cantar, bailar e desfrutar coas nosas familias. Abofé que o pasamos de troula!
TROULA EN 4 ANOS
Os nenos e nenas de 4 anos participamos con entusiasmo na troula que nos mandou a nosa amiga a Xacia Miñoncesa. Día a día fomos carregando con tódolos seus mandados. Así que o xoves xa non dabamos feito con tanta cousa. Estas son as nosas fotos.
TRABALLANDO CON ROSALÍA
Na serie de obradoiros do segundo trimestre decidimos incluir unha xornada adicada á Rosalía de Castro. Facendo equipos, como xa estamos afeitos, fomos pasando pola biblioteca, polo ximnasio e pola aula de Charo para achegarnos á vida de Rosalía, desfrutar coa música, facer xogos e brincadeiras como lle gustaba a ela e facer a súa carauta pra poder ser un poquiño mais ela, sempre na compaña das nosas profes. Nos días seguintes desfrutamos cun concerto na biblioteca e unha maratón de lectura de poemas dos que xa vos demos conta nos outros blogues do cole. Tamén fomos moitos pequenos os que participamos nas fotos de familia que nos encargou o mouchiño, ainda que non sempre é doado recoñecernos.
Faltan ainda algunhas fotos, pero ide desfrutando destas.
Faltan ainda algunhas fotos, pero ide desfrutando destas.
luns, 6 de febreiro de 2017
UNHA PAZ MOI ESPECIAL PARA TODO O CICLO
Non podiamos deixar pasar o Día da Paz sen facer todos xuntos algo especial. Desta volta tocounos compartir un fermoso conto cos compañeiros de Primeiro. Eles léronnos o conto "Vicentiño e as árbores da Paz" na biblioteca e despois compartiron uns ameigantes momentiños con cada ún de nós, axudándonos a aquelar ben aqueladiño ao protagonista do conto. Como non podía ser doutro xeito este curso tratábase de Vicentiño...un paxaro do Río Miño!!. Mirade nas fotos como nos gustou gozar destas cousiñas cos nosos amigos de sempre!.
Deixámosvos separadas as fotos da sesión de contacontos na biblioteca e do obradoiro que compartiron os nenos e nenas de Primeiro nas clases de 3, 4 e 5 anos.
Deixámosvos separadas as fotos da sesión de contacontos na biblioteca e do obradoiro que compartiron os nenos e nenas de Primeiro nas clases de 3, 4 e 5 anos.
O INVERNO DE CINCO
Brrrrrrrrrrr, que frío vai profe Charo!!! chegaban dicindo os nenos de cinco anos a primeira hora da mañá.
Certamente, estes días pasados fixo moita fríaxe, pero esto non foi ningún atranco para traballar en algo moi típico desta estación e que a todos nos encanta: a neve e os bonecos de neve.
Mirade que chulada e que bonito loce o noso corredor.

OS REIS TROUXERÓNNOS ...
Os Reis Magos non podían esquecer a clase de cinco anos, por iso á volta das vacacións atopamos dous paquetiños na nosa asamblea.
Un xogo de pesca e unha maleta de pezas imantadas, que nos serve para traballar unha morea de cousiñas, para rir a esgalla e para divertirnos aprendendo, que diso se trata.
Tamén falamos dos nosos regalos e eleximos un, o favorito, para debuxalo e pegalo nunha caixa xigante que adornase o noso corredor.

luns, 9 de xaneiro de 2017
TAMÉN ENVIAMOS POSTAIS
Esta foi unha das actividades que máis ilusión nos fixo, non só porque era a primeira vez que felicitabamos as festas ás nosas familias, senon tamén porque conseguimos gardar o segredo dalgo tan especial.
Ademáis aprendemos unha chea de cousas como por exemplo que é un carteiro e como traballa, que é unha caixa de correo, un selo,...
Ademáis aprendemos unha chea de cousas como por exemplo que é un carteiro e como traballa, que é unha caixa de correo, un selo,...
ENGALANAMOS OS NOSOS CORREDORES
Este ano para decorar o noso corredor decidimos facer unhas bolas xigantes adornadas con cintas de cores e uns renos coa forma das nosas mans. Xa vistes o resultado, así que agora botádelle unha ollada a todo o proceso de elaboración.
O NADAL CHEGOU A CINCO ANOS
Como ben sabedes o nadal marca o remate do primeiro trimestre escolar. Por iso, chegando ó mes de decembro na clase de cinco anos comezamos a ordenar os nosos traballiños, a facer as nosas portadas e contraportadas, a engalanar os nosos corredores, a escribir a carta dos Reis... e, sobre todo, a gozar desta época tan máxica do ano.
Aquí tedes un pequeno resumo dalgunhas cousiñas que fixemos.
Aquí tedes un pequeno resumo dalgunhas cousiñas que fixemos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)