Por outra banda, levamos
un tempo xa co noso proxecto dos monstros e isto tennos ben alterados. A profe ten que facernos parar de tanto rebumbio
que montamos. Ás veces non entendemos que é un proxecto para pasalo ben e divertirnos,
pero tamén para pensar. Cando falamos do que sabemos dos monstros e do que
queremos investigar non somos quen de calar para que falen os demais e todos
queremos facer ás nosas aportacións á vez. Todos din que a profe ten que
procurar, de novo, o pauciño máxico de falar que se perdeu durante as vacacións; porque ainda necesitamos a maxia para regular o noso comportamento.
Traballamos entre o medo
e a risa porque está claro que os monstros só existen nos contos, pero a verdade
é que podemos atopalos en calquera recuncho e mesmo están empezando a deixarnos
mensaxes que nos motivan a descifrar as palabras e nos deixan entusiasmados.
Traballamos cos contos, a
nosa principal fonte de investigación, e xa coñecemos os amigos de Max (do conto
ONDE VIVEN OS MONSTROS) e o valente Mateo, un neno capaz de facer fronte ó
arrepiante monstro bermello de A MIN NON ME COMAS. Tamén coñecemos O GRÚFALO, e mailo
monstro do ollo móvil que nos conta os
seus segredos, os monstruos do cine, e moitos mais...
O noso recuncho de monstros
vai medrando grazas ás aportacións de moitos e moitos son tamén os que nos regálan coa súa
imaxinación. Monstros imaxinarios
visitaron moitas casas e Tiago, por exemplo, trouxo no seu peto uns polviños
máxicos que cando os frotamos nos ollos somos quen de ver monstros e pistas
invisibles.
Dá gusto velos imaxinar mil e unha experiencias “monstrosas”
-que teñen dentro e fora da escola- e como inventan monstros que non están nos libros e se esforzan en darlles apariencia real. Por poñer outro exemplo, Paula esforzouse en que o seu pai lle axudara a debuxar o monstro Pipón para podernos amosar como era. Claro que o nome puxérallo Roi antes de poñerse maliño e cando volveu o cole non estivo moi de acordo con que Pipón tivera aquela pinta…

-ERA DE OUTRA MANEIRA!
Dixolle cando Paula lle ensinou o seu debuxo.
E dá gusto escoitalos
cando din “teño unha idea” ou o mellor de todo cando din…sabes, Pilar, deime
conta dunha cousa!…e ofrécennos a súa particular reflexión sobre calquera
detalle do que observamos e traballamos. Coma sempre, poida que o noso traballo “na
mesa” non sexa espectacular, pero sí o son as experiencias e as capacidades que
poñemos en funcionamento con este proxecto.
Unha das cousas que mais
nos divertiu polo de agora foi buscar “na basura”. Un dos monstros que pasa
polo cole chámase Tufo, así que para atopalo hai que empregar o nariz…E onde
cheira mal? Xa o podedes imaxinar,…Unha mañá estivemos a procuralo e atopamos
mil e un lugares onde “atufaba”, ainda que non estaba en ningún deles. Pero nós
pasámolo de medo!
Este proxecto vai para
largo, mesturado xa coa proximidade do Samaín, e agora ven o traballo “duro”
coa reflexión lectoescritora e o traballo no cuaderno de monstros.
Temos un mural de manchas monstrosas e outro de outono monstroso, temos os nosos nomes de monstros pegados nas nosas fotos, e estamos convertindo en monstros todo o que tocamos…
Xa vos iremos contando, pero non perdades coidado porque a diversión non rematou; ainda nos queda moita festa (de aprendizaxe) na aula.