Despois de escoitar e desfrutar co conto “Homiño de mazapán”
ocurréusenos para facer a receita que estabamos preparando darlle a forma de
homiño ás galletas. Como coñeciamos os ingredientes que precisabamos e as
cantidades correspondentes, xa con moito xeito, comezamos a mesturar:
Primeiro a manteiga co azucre. Despois engadimos os ovos e a
cullerada de vainilla. Por último botamos a fariña pouco a pouco ata que a masa
non se pegue nas mans. Facemos unha bola e metémola na neveira unha hora.
Finalmente estiramos a masa entre todos, que nos gustou
moito facelo, e coa forma de homiño de mazapán cortamos cadansúa galleta.
Esperamos quince minutiños a que se doren no forno e …que arrecendo máis rico!.
Se queredes facer estas galletiñas tan deliciosas nas vosas
casas esta é a receita:
-300 gr de manteiga.
-200 gr de azucre.
-2 ovos.
-500 gr de fariña.
-1 culleradiña de vainilla.