Hai luns que paga a pena vir ao cole (eu diria que todos, pero algúns mais que outros) e hoxe foi un deses luns.
Non ben entraramos pola porta e xa atopamos unha misteriosa nota na que unha misteriosa personaxe nos invitaba a ir á bilioteca. Na clase de 5, Lucas púxose a lela en alto, pero ninguén se decidía a erguerse da cadeira.
Daquela entraron os de tres anos en tromba dicindo que eles tamén tiñan unha nota; pero na súa non era unha moucha quen os invitaba, senón unha mosca.
Seica o mesmo pasou nas clases de 4 anos porque cando chegamos á biblioteca eles xa estaban alí. Disque un sapo mais un lobicán lles dixeron que algo ía pasar ás 9 e cuarto.
Na biblioteca descubrimos que alí pendurado na pizarra había un conto... "A casa da mosca chosca".
Auri non o pensou dúas veces e moi lixeira botouse a contárnolo. Que bonito foi e como nos gustou!
PREMEDE AQUI
Despois a pregunta que fixo Estela antes de marchar da biblio quedou no ar e os de 5 non perdemos ocasión de pescudar naquel misterio.
Como fixeran as personaxes daquel conto para sair e escribirnos a invitación?
O diálogo hoxe durou unha hora, todos interviron e ningúen semellaba estar canso.