O disfraz de entroido de 3 anos "O sol" que nos da luz e calorciño de forma gratuita e sen contaminar ó noso planeta.
Mirade, mirade...
luns, 25 de febreiro de 2013
TERRI PIDE AXUDA
No medio de todo isto da troula, do aforro de enerxía e do entroido - e como Terri segue na China e alí teñen problemas de auga- chegou unha mensaxe urxente na que nos pedía que lle mandaramos auga e por riba quente!.
Xa conseguiu as nosas sementes pero como son moi delicadas precisan dalguns cuidados na viaxe de volta.
A ver como imos facer para mandarllela auga no correo e que non se lle enfríe polo camiño!. As cabezas empezaron a pensar e sairon delas todo tipo de ideas que nos fixeron pensar en enerxías como a eólica ou a solar (de ahi sacamos o disfraz de entroido)
O mellor foi cando Silvia chegou ao día seguinte cun termo de auga quente para Terri...
- problema resolto! -dixeron todos (ainda que moi lonxe da solución que tiña pensada a profe).
Iso semella, -sí sí problema resolto-, pero dame o nariz que ainda nos agarda algunha sorpresa...
Coma sempre entusiasmoulles recibir novas de Terri e pelexaron, coma sempre tamén, por ler a súa carta. Claro que non poideron sair todos nas fotos...

A VIAXE Á CHINA NA CLASE DE 3
A nosa aventura por China rematou, pero coma en toda viaxe, aquí temos algunhas fotos de recordo.
Que ben o pasamos!
Que ben o pasamos!
sábado, 23 de febreiro de 2013
A NOSA MURALLA CHINA
Despois de moito traballo a muralla estaba lista para estrear e en canto puidemos non o pensamos dúas veces...Colocámola entre as dúas portas das clases de 3 e 5 - os constructores- e puxémonos a pasear por ela dun lado a outro. Que ben o pasamos!
FOTOS DO PASEO
Premede para velas
SEMANA DA TROULA
Antes do entroido fomos de troula... E menuda festa! durou toda a semana. Vede como nos puxemos de guapos.
OS DE 5 ANOS
OS DE 4 ANOS A
OS DE TRES ANOS
PREMEDE PARA VE-LAS FOTOS
OS DE 5 ANOS
OS DE 4 ANOS A
OS DE TRES ANOS
PREMEDE PARA VE-LAS FOTOS
xoves, 21 de febreiro de 2013
PAZ E ENERXIA
Imos ver se empezamos a poñer no blog as cousas que foron pasando ao longo deste mes de febreiro.
Empezamos pola charla sobre o aforro de enerxía á que fomos invitados xunto cos nenos do 1º ciclo de Primaria. Ali coñecemos a Verdello, quen nos quixo explicar como podemos facer para coidar o noso planeta. A receita era sinxela un pouco de aforro de aquí e outro pouco de alá e usar enerxías limpas. A enerxía da auga e do sol como sabedes foron as nosas favoritas
FOTOS CHARLA ENERXÍA
FOTOS CHARLA ENERXÍA
venres, 1 de febreiro de 2013
AUGA PARA COMPARTIR
NA SEMANA DA PAZ ESTABAMOS POUCOS PERO PUXEMOS A NOSA PINGUIÑA PARA COMPARTIR COS OUTROS NENOS DO PLANETA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)