O 30 de Xaneiro nós -os nenos de 3 e de 5- celebramo-lo día da paz como mellor sabemos: disfrutando e compartindo cousas cos nosos amigos. Non estaban todos; algúns estaban maliños e botámolos de menos. Outros, os de 4 anos, non puideron estar por culpa dos horarios diferentes que temos e tamén os botamos de menos.
Nós xuntámonos para festexar, merendar xuntos, xogar xuntos, pintarnos xuntos un corazón da paz e agasallar ós amigos cuns preciosos regalos. Como todos estamos traballando algo de China que mellor que regalármonos un farolillo chino e unhas máscaras chinas.
Ademais agora que sabemos que estás cousas son importantes nas celebracións da China mesmo podemos enseguidiña organizar outra festa mais.
Que tal cando inauguremos a muralla que estamos a construir?
xoves, 31 de xaneiro de 2013
domingo, 20 de xaneiro de 2013
VOLVEMOS AO COLE E...IMONOS A CHINA
A volta das vacacións sorprendeunos cunha "triste" nova... o noso castiñeiro do patio, - compañeiro de tantas aprendizaxes- xa non estaba. Alguén o tallara de todo.
Non eramos quen de comprender o que sucedera ata que a profe enterouse de que estaba maliño e houbo de ser eliminado.
Pensamos en reconstruilo; daquela recollimos tódolos cachiños que quedaran no patio pensando en como íamos facer.
Foi entón cando Terri marchou volando do noso lado e mandounos unha carta dende a China. Alí á beira da Gran Muralla seica podía atopar sementes de castiñeiro chino que semellan ser mais resistentes.
Coma sempre fomos contarlle as boas novas ós compis de 3 anos. Que sorpresa levamos¡...Eles estaban a investigar cousas da China tamén e ían facer unha muralla en tamaño pequeno.
Como nos gusta moito compartir experiencias e aprendizaxes (e axiña ven ahí a festa da paz que nos lembra que é moi bó axudarnos uns a outros) decidimos facela con eles. Dito e feito; deseguida puxémonos todos xuntos a pensar.
As fotos que vos deixamos son deste proceso de planificación. Despois pouco a pouco irémosvos ensinando como vai quedando a cousa.

martes, 15 de xaneiro de 2013
NADAL NA CLASE DE 3 ANOS
Na clase de 3 anos estiveron moi ocupados polo nadal. Ollade senon este vídeo onde poderedes ver o moito que traballaron e o ben que o fixeron.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)