Despois de
facernos pensar un pouco sobre algúns comportamentos que seguemos a manter nos
xogos de “neno” e de ”nena” todos probamos á nosa capacidade para coidar bebes
e sermos agarimosos...xa que isto dos bebés non é só cousa de nenas. Ollade que
ben o fixemos!.
venres, 14 de decembro de 2012
SEGUIMOS LEMBRANDO: OBRADOIRO DE IGUALDADE
A mediados de novembro participamos
nun pequeño obradoiro de igualdade. Nel a monitora proxectounos un conto que falaba dunha
nena moi valente. Pero como era unha nena ninguén a chamaba para axudar a protexer
a súa aldea da ferocidade dun leopardo; ainda que era a única que estaba disposta a facerlle
fronte.
MAIS COUSAS PASADAS
CONTOS DUNHA CASTAÑEIRA
Vistes o
mural da castañeira que puxemos no magosto no corredor. Foi unha actividade
colaborativa cos nenos de 2º de Primaria. Eles inventaron os contos e pintaron
a castañeira e nos puxemos o toque de outono pintando follas e as letras do
título
LEMBRANDO COUSAS PASADAS
CHIBOS CHIBÓNS
Hai algún tempo fomos con tódolos compis de infantil a escoitar o conto de Chibos Chibóns que nos contou Auri. Despois ela escolleu a uns cantos de nós para facer unha representación improvisada da historia. Encantounos facer de chibóns e pegarnos no queixo a nosa chiba.
Por si non nos chegaba a profe Pilar preparou un programa de ordenador para traballar cada quen na aula e todos na PDI no que xogamos coas palabras do conto, puzzles e outras cousas interesantes.

Agora
levamos varios venres metidos a facer un mural entre todos que pouquiño a pouco vai avanzando. Non só cada
clase vai poñendo o seu granciño de area, senon que temos organizado uns
obradoiros nos que traballamos todos xuntos,
pequenos, medianos e grandes....como fixeron os chibons para gañar ao
ogro.
Por si non nos chegaba a profe Pilar preparou un programa de ordenador para traballar cada quen na aula e todos na PDI no que xogamos coas palabras do conto, puzzles e outras cousas interesantes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)