venres, 15 de xuño de 2012

INDO AO ZOO

Como todos sabedes onte fomos ao zoo. Non poidemos desfrutar da maravillosa mañá de paseo e merendola coa que contabamos por mor da metereoloxía. O frío e o vento non puideron con nós pero sí cos animaliños ós que lles costou moito sair dos seus refuxios para nos saúdar...a todos menos ós dous osos pardos e maila avestruz (que non se chama mariluz) que tiñan moitas gañas de vernos e de que lles fixeramos unhas fotos. 

 INDO AO ZOO on PhotoPeach

CONTAMOS MOITO: PEDRO E O LOBO


Pedro e o lobo foi o derradeiro conto desta edición de CONTAMOS MOITO. Levabamos tempo agardando porque  en principio  estaba previsto para o mes de maio, pero por unhas e outras cousas non puido ser... e agora cando xa cáseque non contabamos con él, produciuse a maxia. 
Chamáronos á biblioteca e alí agardabannos dúas contadoras moi especiais que conseguiron que non dixeramos nin chío durante todo o tempo que durou a súa historia.
Despois enterámonos  de que os nenas e nenos de 4º de Primaria e a súa profe prepararan para nós aquela versión a tamaño natural do conto PEDRO E O LOBO. 
Fixeron unha estupenda animación pola que mereceron a nosa máxima atención e un grandísimo aplauso.


 PEDRO E O LOBO on PhotoPeach

luns, 4 de xuño de 2012

A NOSA PRIMEIRA BOLBORETA

Estabamos desexando todos estes días que houbera algunha novidade. A maioría dos vermes fixeran casulo e so quedaba un pequeniño que na fin de semana tamén o fixo; pero oh, sorpresa!. Cando abrimos a caixa hoxe luns atopámonos coa primeira bolboreta. Que emoción!


 Como o primeiro verme que fixera casulo fora o de Mariama, ésta ten que ser a súa bolboreta...asi que hoxe presentámosvos a HELLO KITTY (que foi o nome que lle dera ela ó seu verme.