luns, 28 de maio de 2012

COCORICO E ALGO MAIS


 O luns continuou festeiro...Despois da festa dos casulos fomos á biblioteca para escoitar un dos últimos contos de proxecto "Contamos Moito" que entre unhas cousas e outras fórase pospondo. Seica os nenos de 5º non estaban aínda preparados... e agora, despois de telo representado ante os pais, sentíanse xa mais seguros.
Atopámonos coa sorpresa de que non era un conto lido senón contado en forma de teatro negro. Encantounos!

















 Ademáis déronnos 2x1 e puidemos ver unha pequena obra de teatro adaptada polos de 6ºde Primaria: "Querida hija: estás despedida."




OS NOSOS VERMES FAN O CASULO

Xa a semana  pasada algúns vermiños mais adiantados como os de Mariama e  Estela comezaran a formar o casulo, cousa que nos puxo moi ledos. Temos tantas gañas de ve-las bolboretas...¡
Pero hoxe luns foi a invasión dos casulos; en cada caixa que abriamos atopabamonos coa sorpresa de que uns e outros estaban a formar o casulo e algún diante dos nosos ollos, asi que estivemos entretidos vendo as voltas e reviravoltas que daba.

 Aqui vos deixamos algunhas fotos e unha pequena secuencia que a profe fotografou para que lembremos despois os movemementos que van facendo.







LETRAS GALEGAS

Neste mes de Maio, estivemos a celebrar as "Letras Galegas" coñecendo un pouquiño ao autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade. 
Os de infantil tamén colaboramos no libro que se fixo entre tódolos nenos do cole, como xa ven sendo tradición e que podedes ver na entrada do cole. A nós tocounos algo nada doado...poñer imaxe os complexos versos compostos polo autor. Puxémonos mans á obra e ademais de memorizar os poemas fomos quen de compor unhas fermosas páxinas con eles...

Ollade... o noso traballo está cara o medio do libro canda os nosos compañeiros de tódolos cursos de Primaria. 

mércores, 9 de maio de 2012

OS VERMES MEDRAN

Xa estabamos emocionados cos vermes recén nacidos e os pementos que van medrando, cando Lucía   (bueno o seu pai)  trouxo unha caixa enteira de vermes xa máis medrados que os nosos bebes. 

Cada un de nós púxollle nome ó seu verme irmán maior e tódolos días dámoslles de comer.







Na caixa dos bebés semella non haber movemento. A profe é case a única que é quen de ver algún vermiño despistado de paseo. Pero non vos engañedes, unha ollada mais atenta (da cámara de fotos) revélanos que hai moita xentiña no medio das follas. Os vermes bebés están medrando e hai outros bebés novos que acaban de nacer. As follas tamén están comidas e aínda que os buratos non son tan grandes coma os da outra caixa estes pequechos tamén están a se espilir.




martes, 8 de maio de 2012

XA COLGAMOS A TUBA DOS DE 5 ANOS

Mamás e papás de 5 anos non creades que os vosos fillos non participaron na invención do conto da tuba. Foi só que nos levou un pouco mais de tempo preparalo para subir aquí.
Mirádeo na entrada anterior, porque quedan mellor todos xuntos.

martes, 1 de maio de 2012

OS DE 4 ANOS XA SOMOS "MAMAS E PAPAS"

O luns, ao chegar ao cole, atopámonos cunha maravillosa sorpresa. Os nosos vermiños estaban empezando a sair dos seus ovos. Puxémonos coma tolos e fomos contarlle a boa nova a tódolos nosos compañeiros.
Lembrádesvos dos vermes que tiñamos na clase da profe Mónica cando tiñamos 3 anos. Lucía trouxéraos e estivemos vendo como medraban, facían o seu casulo e convertíanse en bolboretas. Os ovos que puxeron daquela gardounos a profe Pilar na súa neveira e agora despois de Semana Santa tróuxoos a clase a ver si había sorte. 
E sí...xa están aquí uns vermiños de seda bebés que nos encantaron. O segundo que fixemos despois da festa que montamos foi darlles de comer...¡Follas de Moreira!



23 DE ABRIL. DIA DO LIBRO

O pasado 23 de abril nós  conmemoramos o Día do Libro da mellor forma que sabemos... inventando un conto. 
Bueno, o noso non foi "un día", senon todo un mes o que levamos dándolle voltas á nosa historia e aínda estamos rematando e compondo un mural colectivo que poderederes ver na entrada do cole. 
Celebramos estas datas animándonos a ser escritores. Cada clase ó seu nivel e escribimos claro está unha preciosa historia. Collemos o libro AS CLASES DE TUBA editado por Kalandraka xa hai anos e puxémoslle texto porque é un libro que non ten palabras. 
Coidamos que ían sair catro historias completamente diferentes e de feito o son. Pero as maravillosas ilustracións que ten son tan claras e suxerentes que os cativos captaron sen ningún problema o espírito da narración; eso sí cada clase deulle o seu ar persoal.
Imos ir deixando aquí os diferentes "contos" para que os disfrutedes. Os orixinais forman parte xa das nosas bibliotecas de aula.

GARAVANCIÑO



Aquí estamos de volta e antes de nada darvos conta do último contacontos do proxecto Contamos moito.
Garavanciño é unha historia divertida e estupendamente ilustrada por Marc Taeger que tivo moito éxito no noso pequeno público.Sobre todo o "explosivo" final. Imaxino que algunha onda chegou ata vosa casa. Coma outros venres foi Laura a encargada de animarnos este novo conto na biblioteca.