martes, 28 de xuño de 2011

CONTAMOS MOITO: LUME E A BRUXA DO DENTE

 Deixamos aqui dous libros-lim que se fixeron no cole dentro do programa de actividades tics complementarias á animación  á lectura. Logo da representación na biblioteca do conto "Lume" no mes de febreiro e da animación no mes de maio de "A bruxa dos dentes" a cargo dos alumnos de 5º e 6º poidemos ampliar o noso traballo no ordenador e na pizarra dixital con estes dous materiais, un deles feito pola profe de 5º, Pili. 
Grazas, Pili. Agardamos que o vindeiro curso poidamos seguir contando coa túa axuda

 http://engalego.es/panel/alm/chs/pilaralvarezrey/o_meu_cuarto_libro/o_meu_cuarto_libro.html

 http://engalego.es/panel/alm/chs/picosta/libro4/libro4.html

domingo, 12 de xuño de 2011

SALVANDO LIBROS

Hoxe traemos ata vós unha iniciativa que se fixo en 96 coles de toda Galicia onde os nenos e as profes foron escollendo os libros que salvarían  dunha hipotética queima. As razóns dos nenos son moi diferentes, pero coido que paga a pena botarlles unha ollada.




Anímovos a que deixedes ao longo deste verán os vosos comentarios con aqueles contos e libros que os vosos fillos e fillas disfrutan mais e as vosas preferencias persoais como pais e nais...seica no vindeiro curso poidamos facer en infantil un bonito proxecto con todos eles.

Eu deixovos aquí un dos moitos-meus libros preferidos "Rato de campo e Rato de cidade" escrito por Eva Mejuto e ilustrado por Kiko Dasilva da Editorial Kalandraka un libro que conta dun xeito moi tenro que cadaquen ten o seu lugar.
Animádevos, agardo os vosos comentarios!

mércores, 8 de xuño de 2011

BUSCANDO A MORRIÑA

Primicia informativa...Hoxe mesmo ven de sair do forno o preestreo dunha nova obra de teatro representada polo grupo de teatro de Comesaña. Nós tivemos a oportunidade de asistir nada mais chegar ao cole a esta representación en exclusiva.
Aqui vos deixamos xa  a nosa ollada particular sobre esta obra. Foi algo dificil,  pero coa axuda das actrices e a súa interpretación fomos quen de entender o que viamos.




Deixámosvos tamén unhas poucas fotos da representación para que vexades cómo disfrutaron os nenos