xoves, 26 de maio de 2011

GUILLERME TAMEN FIXO CAPULLO

Esta semana agardábanos ainda outra sorpresa (ademais da mensaxe de Tica da que vos falaremos noutra entrada). Cando fomos mirar se os capullos de verme de seda xa abriran ocurréusenos preguntar ós de 3 anos se tiñan novas de Guillerme que andaba dende algún tempo desaparecido. O mirar dentro da súa casa quedamos abraiados  ... el tamén fixera capullo...¡e que el tamén é un verme de seda!.
Agora sí que non damos feito cos nervios, ...un día ou outro Guillerme vaise converter tamén en BOLBORETA.












mércores, 25 de maio de 2011

VAI DE OVOS E CAPULLOS

Cando chegamos a clase despois desa ponte do 17 de maio atopámonos cunha boa sorpresa. Os cativos de tres anos dixéronnos que os vermes xa fixeran os capullos. Ademais a profe Mónica fixéralle unhas casiñas moi apañadas para que se sentiran protexidos. 
Estamos dende aquela todos moi emocionados agardando que saian dun intre a outro as bolboretiñas.









Por outra banda, o pai de Irea de 5 anos atopou un casulo ainda agarrado nunha ponliña dunha árbore e colleullo para que llo puidera ensinar a tódolos compis. 




E xa pra rematar o día chamáronnos os de 5º para nos ensinar os ovos que puxeran as súas lumbrigas...


Non paramos de ir dunha clase a outra emocionados con tantas novidades

martes, 24 de maio de 2011

VERMES DE SEDA

Estivemos tan atarefados con mil e unha lerias que levamos unha chea de tempo sen vos contar o que está a pasar nas nosas aulas, pero non pensedes que  non estivemos  a traballar e a pescudar.

Para empezar, os nosos compañeiros de 3 anos teñen dende hai algún tempo uns compañeiros moi especiais...uns vermes de seda que trouxo o pai de Lucía e grazas a el levan vivindo unha experiencia moi fermosa. Os pequenos cóidanos moi ben e téñenos moi limpiños. Ademais como temos a nosa árbore de moreira no patio, ós vermiños non lles falta de nada.