mércores, 30 de marzo de 2011

UNS INVITADOS MOI ESPECIAIS

O pasado venres agardábanos unha sorpresa cando chegamos ao cole. Iamos ter teatro na biblioteca e ademais iamos ter uns invitados moi especiais... uns cativos de dous aniños que viñan coñece-lo noso o cole e a disfrutar do conto con nós.



En canto poidamos subiremos tódalas fotos do acontecemento.Polo de agora deixamosvos só estas dúas para que vaiades facendo boca...

OS NOSOS ALLOS ESTÁN A MEDRAR

Trouxemos para clase os allos que sementamos na nosa visita á Fundación Sales e o martes pola mañá levamos a sorpresa de que xa están a agromar na terra. Os allos dos nenos de 4 anos tamén están saíndo pero ainda non temos foto...deixamos aqui a fotos dos nosos.


luns, 28 de marzo de 2011

CELEBRAMO-LA PRIMAVERA

Para celebrar o comezo da primavera fomos o Xardin Arboretum da Fundación Sales, un lugar onde atopamos, ademais de moitisimas árbores e  plantas, un espacio moi ben deseñado para o desfrute da natureza. 
A todos gustaríanos volver e como é un lugar aberto ó público non fai falta mais que vos animedes a coñecelo cos vosos nenos e nenas... As fotos non son quen de vos transmitir toda a beleza dos distintos xardíns que hai alí dentro por mor dun pequeno problema técnico, pero serven para que vos fagades unha idea. 



luns, 14 de marzo de 2011

O NOSO RAP DE ENTROIDO

Velaiqui a todo infantil sobre o escenario. Tentamos rapear todos xuntos. Non nos podemos extrañar do caos escénico; pero... a canción sabíamola moi ben e puxémoslle ganas, ainda que non se nos entendera casi nada ¡Cousas de nenos!




venres, 11 de marzo de 2011

UNHA PRIMEIRA OLLADA AO ENTROIDO

Son moitas as fotos que temos do entroido.Non é  posible poñelas todas aqui... Deixámosvos logo unha pequena mostra con algunhas das mais simpáticas e representativas.


xoves, 3 de marzo de 2011

OS DE 3 E 4 ANOS TAMEN TROULEAN

Os de 5 fomos vixiar e atopamos que todo o infantil é moi obediente...ainda que non foi doado que parasen quietos para as fotos.









martes, 1 de marzo de 2011

SEMANA DA TROULA

Os de 5 estamos cumplindo moi ben cos mandados de Don Contaminante e mesmo tódolos días estamos a darlle de comer os nosos envoltorios e envases da merenda. ¡A ver si con iso limpamos un pouco o planeta... !
 Ollade aqui que guapos estamos tralos mandados do luns  e do martes. Os días que restan ademais de seguir asi de cumplidores imos ver se os de 4 anos e os de 3 anos andan tamén ben espilidos. ¡Xa vos contaremos!