martes, 27 de decembro de 2011

O APALPADOR




O primeiro trimestre rematou cunha nova sesión de contacontos do proxecto "Contamos Moito" que disfrutamos os de infantil en riguroso estreno só para nos. Foron os nosos compañeiros de 5º e 6º os que representaron a historia do Apalpador e, tal e como vedes nas fotos, empregáronse a fondo e tiveron que facer de actores, iluminadores, músicos, presentadores, narradores e escenógrafos. Fixérono moi ben e gustounos moitísimo. No outro blog de fonte dos frades temos colgado o video da actuación e aquí deixámosvos as fotos.


xoves, 22 de decembro de 2011

PROBANDO OUTRA VEZ OS VIDEOS

Colgamos outra vez os vídeos das panxoliñas para ver se funcionan ben con máis calidade porque nos que temos na outra entrada comprimidos non se mira ben ós nenos e xa sabedes que ás profes e ás mamás (ós papas coido que tamén, ainda que non o digan) gústanos ver ben as cariñas dos "nosos" nenos. Se co voso ordenador non cargan ben estes vídeos mirádeos na outra entrada.

4anos


3anosA

Untitled from camilo on Vimeo.


3anosB



5anos

martes, 20 de decembro de 2011

MÁIS PANXOLIÑAS DE NADAL

Hoxe tocounos a vez ós de 4 anos...


Untitled from camilo on Vimeo.

AGARDAMOS O NADAL CANTANDO

Hoxe vai de vídeos a cousa. Mentres agardamos que chegue o Nadal puxémonos a cantar a ver se se nos pasan os nervios de ver ós Reis Magos e aquí tedes o resultado... Bueno aínda faltan algúns que son máis tardóns.

5 anos


3anosB


3anosA

venres, 9 de decembro de 2011

A VACA QUE PUXO UN OVO





O pasado venres na biblioteca tivemos tivemos unha contacontos excepcional… a profe Malena, que foi debullando páxina a páxina unha historia orixinal e chea de dozura. Ademais contamos coa compaña dos maiores de 1º de Primaria; cousa que nos fixo moita ilusión por volver estar ao lado dos nosos vellos compañeiros.

Cando o conto acabou os de primeiro explicáronnos algunha cousas sobre o mesmo e sobre o mundo das vacas e dos pitos... Estade atentos; se o tema interesa pode que esteamos ás portas dun novo proxecto.
Ollade que ledos e colaboradores pasamos a mañá do venres compartindo as nosas lecturas e o noso espacio e traballo oos nenos de 3 anos. Recibímolos nas aulas de arriba...toda unha novidades para eles. A algúns soubolles a pouco estarmos todos xuntos e non querían marchar cando chegou a hora.


domingo, 20 de novembro de 2011

MAGOSTEANDO

No magosto pasámolo moi ben ainda que tivemos que andar ás carreiras dunha banda cara outra segundo  chovía ou non..¡e que o San Martiño estaba un chisco caprichoso!
Durante toda a mañá xogamos e comimos, comimos e xogamos.¡Ollade!













Go to ImageShack® to Create your own Slideshow

sábado, 19 de novembro de 2011

MEDO ATRASADO

 Ainda me estou recuperando do susto que papei na pasada festa de Samaín cando ao chegar a clase atopei que os nenos de 4 anos desapareceran e nas súas mesas sentaban uns extraños personaxes. Menos mal que cando se botaron a rir comprobei que eran eles mesmos disfrazados para a festa. 
Uf, menos mal; o primeiro pensara que era outra gamberrada de Terri...




A cousa non quedou ahí porque ao longo da mañá seguimos a ver moita mais xente rara polos corredores e os patios...claro que agora ao ve-las fotos tódalas caras resúltannos familiares

domingo, 6 de novembro de 2011

IMOS PRA O SAMAÍN

Como é normal nestas datas as nosas aulas de 3, 4 e 5 anos rebuliron ahí atrás cos preparativos da festa de Samaín e da exposición de outono na que nós os pequenos tamén colaboramos.
Velaiqui vemos os cativos de 3anosB
















Tamén traballaron os de 3 anosA. Aquí vémolos coas cabazas que adornaron para a exposición








Os de 4 e 5 non quedaron atrás... ainda que se amosaron moito mais rebuldeiros.





Por certo, moitas grazas a tódolos pais e nais pola súa contribución a esta celebración de outono.

xoves, 3 de novembro de 2011

A MAMA DE ANAIS PÍDENOS AXUDA CON TERRI

Seica o noso amigo, a pantasma Terri, estaba moi nervioso estes días atrás ó achegarse o Samaín e andou a facer unhas falcatruadas na casa de Anais. A súa nai pediunos axuda e nós dito e feito puxémonos a traballarA mensaxe tiña que ser clara: TERRI NON VAIAS A CASA DE ANAIS. Velahi o resultado...


luns, 24 de outubro de 2011

OS DE 5 TAMEN ESTAMOS EN OUTONO


 Os de 5 anos  deron a benvida a este  outono que se fixo tanto de rogar facendo un precioso mural para o corredor no que ademais aproveitan para amosarnos como é cada un deles (como se ven a si mesmos)















xoves, 20 de outubro de 2011

EMPEZA A CHEGAR O OUTONO AS CLASES DE 3 ANOS

Ainda que os das clases de 3 anos son moi pequenos xa empezan a traballar duro. Deixámosvos unha pequena mostra desto.





O BARDO ABELARDO

Onte visitounos na biblioteca un cantautor-contacontos que nos fixo disfrutar coas súas lerias e cantigas, ademais de ensinarnos valores importantes como o respeto ao noso medio. A historia  que nos contou chamábase  "Vicentiño e as árbores da paz". É incribel que esa pequena piña de nenos que sae na foto sume casi 70 nenos de infantil participando con moito entusiasmo.