O noso día a día está cheo de números, formas,razoamentos...algo que descubrimos
xogando, experimentando e pensando.
Este video é só unha mostra do noso traballo diario.
O noso día a día está cheo de números, formas,razoamentos...algo que descubrimos
xogando, experimentando e pensando.
Este video é só unha mostra do noso traballo diario.
Como ben sabedes estamos investigando sobre o arco da vella. O que máis nos gusta é experimentar e plantexar hipóteses para ver qué ocorre e sacar as nosas
propias conclusións.
Desta vez empregamos os seguintes materiais:
Un pouco de xabón líquido.
Colorante alimentario.
Palliñas.
Toallitas.
O resultado foi moi divertido e ata máxico. Mirade o proceso e , por suposto, todo o que pomos en práctica.
Os nenos e nenas de Infantil traballamos moito na nosa horta: plantamos fabas, cebolas e tomates. Vimos como medraban, coidamos moi ben as nosas plantas e, agora, ao final de curso, comezamos coa recolleita.