venres, 31 de xaneiro de 2025
REXISTRO MENSUAL DO TEMPO ATMOSFÉRICO
xoves, 23 de xaneiro de 2025
COÑECEMOS OS KAPLA
Estes días apareceu un novo material na aula dos nenos e nenas de 3 anos. Observámolo, exploramos con él libremente e, pouco a pouco, fomos coñecendo posibilidades de xogo.
Con eles fomentamos a creatividade, a lóxica espacial, a motricidade fina, permítennos construir estructuras de forma lúdica e experimentar coa xeometría.
xoves, 16 de xaneiro de 2025
O INVERNO XA ESTÁ AQUÍ
Os nenos e nenas de 3 anos xa notamos a chegada do Inverno!
Nesta actividade estivemos experimentando co xeo, as cores frías que nos recordan a esta estación, xogando cos sentidos, practicando a coordinación óculo-manual, a concentración...
Divertímonos un montón!
CONTACONTOS DAS FAMILIAS
Acompañáronnos os pais de Ángel na aula de 6º de infantil contándonos un conto sobre as belugas. Aprendemos, conversamos, rímonos... unha actividade compartida que nos fai felices!.